A Coruña, 22 de maio. O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, vén de denunciar hoxe a total indignidade e oportunismo político da Xunta do PP de Alberto Núñez Feijóo nunha carreira indisimulada para procurar rédito político a costa dunha pandemia que non axudaron a conter mentres abonaban o terreo para convocar eleccións en xullo sen garantías sanitarias nin democráticas.
“É absolutamente inmoral que a Xunta de Feijóo pretenda sacar tallada política dunha pandemia que non axudou a minorar, cando en lugar de exercer as súas competencias nestes 68 días de estado de alarma, estiveron aboando o seu terreo electoral e pretendendo enganar á cidadanía coa súa maquinaria de propaganda para facer pasar por propias as medidas de contención da pandemia e o escudo social implementando polo Goberno de coalición do Estado”, sinalou o portavoz.
Desde Galicia en Común-Anova Mareas trasladamos a nosa preocupación pola absoluta falla de información por parte da Xunta sobre un proceso electoral xa convocado para o 12 de xullo que carece de procedimentos, como si trasladou o Goberno vasco á oposición, para tratar de garantir os mínimos democráticos e a saúde das galegas e galegos.
“Case unha semana despois da convocatoria electoral seguimos sen ter información por parte do señor Feijóo, nin unhas mínimas garantías democráticas e sanitarias. Este é o modus operandi, a altura moral do presidente dos galegos e do PP: as siglas, unha vez mais, por riba da saúde”, manifestou Gómez Reino.
“É obvio que Feijóo ven de iniciar a precampaña do PP, xa perfectamente preparada mentres a cidadanía galega afrontaba un longo confinamento, e reaparece esta semana logo de anunciar eleccións en Curtis e Sarria baixo o paraugas da Xunta para anunciar, agora si, algunhas das medidas que desde Galicia en Común lle levamos case dous meses esixindo para axudar a minorar as consecuencias da pandemia.
No concreto, Gómez Reino referíase a unha batería de propostas de impulso aos sectores primarios do país que a coalición ven solicitando desde o 4 de abril e que lle foran trasladadas ao Goberno galego xunto coas propostas para rescatar o pequeno comercio e turismo, políticas sociais e de vivenda, ou de apoio aos autónomos e a cultura.
“Hai semanas que o vimos dicindo. Feijóo está aliñado na estratexia de Casado, Ayuso e Abascal, quen ven de manifestar que se ofrece como muleta de Feijóo nun hipotético goberno das extremas dereitas en Galicia”, reiteraba Gómez Reino. “Unha vez que as convoca, Feijóo, interino e en funcións, que teña a decencia de dicirnos como pensa facer para garantir a saúde e os dereitos das galegas e galegos”.
“Fronte ás políticas de austericidio, de destrución do público das dereitas extremas desta última década, o próximo Goberno galego será, si ou si, de coalición do conxunto de forzas progresistas, para transformar o país, avanzou o portavoz da coalición. “Traballar, entre todas, para construír un futuro diferente cun goberno que goberne para non deixar a ninguén atrás”.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



