23 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Posts Tagged ‘obras’

Comezaron as obras de mellora do abastecemento de auga ao núcleo de Lieiro

By • Xul 20th, 2010 • Category: Crónica

CERVO .- O alcalde de Cervo supervisou esta mañá o inicio dos traballos de mellora na rede de abastecemento de auga que realizará en diversos puntos do término municipal. Esta actuación foi licitada o pasado mes de febreiro pola empresa pública de Servizos Hidráulicos da Consellería de Medio Ambiente por un importe de 209.767 euros […]



Segundo a Xunta están rematados o 95% das obras de reparación das riadas

By • Xul 19th, 2010 • Category: Crónica

RIBADEO.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou hoxe o concello de Ribadeo para comprobar o marcha dos traballos de recuperación de varias pontes que resultaron danadas polas inundacións de mediados de xuño. Acompañada por responsables de empresas vencelladas aos traballos que se están a realizar, a representante do Executivo galego puido comprobar in […]



O concello de Cervo realiza obras en Viladesuso para evitar problemas con choivas torrenciais

By • Xul 3rd, 2010 • Category: Crónica

CERVO .- O Concello de Cervo está acometendo obras de mellora no núcleo de poboación de Viladesuso, no entorno próximo á fonte deste burgo. Segundo indicou o rexedor local, Alfonso Villares, as obras teñen un orzamento en torno aos 6.000 euros e con elas pretendese mellorar a condución das augas de choiva nesta zona e […]



O PP de Cervo pide ao Estado que arranxe os acceso a Rueta

By • Xuñ 26th, 2010 • Category: Política

NOTA DE PRENSA: O PP PÍDELLE Á MINISTRA ESPINOSA QUE FAGA REALIDADE AS SÚAS PROMESAS DE ARRANXAR OS ACCESOS A RUETA A Mariña, 26 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Cervo quere poñer de manifesto o seu descontento pola nula actuación da ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, para restablecer os accesos á […]



Burela inspecciona os danos causados pola auga no río soterrado cunha cámara

By • Xuñ 23rd, 2010 • Category: Crónica

BURELA (FNC) . Unha cámara de inspección de colectores analiza os danos causados polo temporal na canalización do río soterrado de Burela, segundo daba a coñecer este mediodía o alcalde, Alfredo Llano, despois do encontro mantido con responsables de Espina y Delfín, a empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga. O rexedor explicou que […]



A Deputación contrata nunha semana obras do Plan Extraordinario por valor de 6 millóns de euros

By • Xuñ 18th, 2010 • Category: Crónica

LUGO .- A Xunta de Goberno deste venres aprobou por valor de 3.480.244 euros a contratación de catro novas obras que a Deputación levará a cabo en seis Concellos da provincia: Mondoñedo, Alfoz, Foz, Guitiriz, As Nogais e Monterroso. Destas, tres corresponden ó Plan Extraordinario de Obra Pública creado para manter os postos de traballo […]



Cervo inicia as primeiras obras de reparación dos danos das riadas

By • Xuñ 16th, 2010 • Category: Crónica

CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, valorou positivamente a visita desta mañá ao concello do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, na que comprobou en primeira persoa os efectos das choivas e se interesou polos traballos que se están desenvolvendo co obxecto de restablecer a normalidade nos distintos puntos afectados do […]



A Deputación inicia a contratación do Plan Extraordinario de Obra Pública por valor de 3,7 millóns de euros

By • Xuñ 11th, 2010 • Category: Crónica

LUGO .- A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a contratación das primeiras 9 actuacións do Plan Extraordinario de Obra Pública, dotado con 60 millóns de euros, e creado pola Deputación para adiantarse á saída da crise, sen aumentar en nin un só euro a débeda pública. Deste xeito, o organismo provincial investirá […]



Deron comezo as obras de saneamento no lugar de Madeiro, en Cervo

By • Mai 27th, 2010 • Category: Crónica

CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, anunciou que están en marcha as obras da nova rede de saneamento que o Concello de Cervo está a realizar no lugar de Madeiro, no núcleo rural de Cuíña. Estas obras pertencen ao Plan de Obras e Servizos provincial e contan cun orzamento de 54.873 euros. Alfonso […]



O alcalde de Ribadeo agarda que en xuño comecen as obras de mellora da enseada da Vilavella

By • Mai 26th, 2010 • Category: Crónica

RIBADEO (FNC) .- O alcalde, Fernando Suárez, agarda que en xuño dean comezo as obras de mellora da enseada da Vilavella, despois de que hoxe se firmase o contrato entre a empresa adxudicataria e o Ministerio de Medio Ambiente. O rexedor manifestou que “recibimos hoxe unha boa noticia que é a sinatura do contrato desta […]