BURELA (FNC) .- A finais do verán rematarán as obras de eliminación de barreiras arquitectónicas da Casa da Cultura de Burela, segundo anunciou hoxe a concelleira de Benestar Social, Neves C... Ler máis
O próximo día 5 de xullo volta o Mercado dos Domingos que durante a época estival se celebrará todos os domingos. O mercado, organizado pola asociación A Socadoira e a asociación Puente de l... Ler máis
Nota de Prensa O GPPP lémbralle a Lara Méndez que a Deputación sempre desbrozou as estradas da súa competencia * Os populares consideran que poucas obras importantes debe estar a acomenter a... Ler máis
BURELA (FNC) .- En Burela rematou o curso de socorrismo acuático, que se veu celebrando nos últimos días, co cen por cen de aprobados. A edil de Mar, Remedios López Villar, lembra que “para... Ler máis
Nota de Prensa O GMPP denuncia o retraso na contratación dos socorristas e do GRUMIR. Os populares consideran que o alcalde e Nieves Cando deben aclarar onde discrepan e onde coinciden. Os p... Ler máis
Abreu a Oficina de Turismo de Xove para campaña estival deste ano, que vai durar os meses de xullo e agosto, abrirá tódolos días, de luns a domingo de 9:30 a 13:30 h. pola mañá, e de 16:30... Ler máis
SANTIAGO .- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de anunciar a adxudicación definitiva de obras de mellora de seguridade vial na estrada AC-862 ao seu paso polos... Ler máis
Seguen en Burela as charlas de prevención de saúde de interés público que rematan o 17 de xullo cunha charla que analizará aspectos da osteoporose e reuma. As charlas de prevención de saúde... Ler máis
O Concello contrata a unha auxiliar de axuda no fogar para a substitución das dúas que prestan servizos na vivenda comunitaria municipal durante as súas vacacións anuais. O contrato será pol... Ler máis
A Escola de Imaxe e Son da Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información de Lugo ten aberto o para formalizar a matrícula para o próximo curso 2009-10, até o próximo 7 de x... Ler máis
RIBADEO .- O portavoz do Partido Popular no Concello de Ribadeo, José Carlos Rodríguez Andina, será xefe territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta para a provincia de Lugo, se... Ler máis
Nota de Prensa O BNG DE VIVEIRO INTERÉSASE POLO RETRASO NA IMPLANTACIÓN DOS SERVIZOS DE TELECOMUNICACIÓN DA EMPRESA R O concelleiro portavoz do Bloque Nacionalista Galego Xosé A. Goás Basan... Ler máis
CERVO .- A Comisión de Festas de San Cibrao vén de facer un chamamento a todos aqueles que queiran colaborar tanto na procesión como na ofrenda foral que cada ano ten lugar no honra da Virxe... Ler máis
NOTA DE PRENSA Novamente o PP persigue a Comunidade Educativa do Rivera Casas. Dende o Grupo Municipal Socialista de Cervo queremos incidir no acoso e derribo que esta a sufrir a Comunidade... Ler máis
VICEDO .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello do Vicedo, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de xu... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Mari Luz Álvarez Lastra, concelleira de Cultura do Concello de Ribadeo, anunciou esta mañá que a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo permanecerá aberta durante tod... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- AA praia de As Catedrais contará por primeira vez cun punto de información turística, grazas ao convenio asinado entre o Concello de Ribadeo e a Deputación Provincial de Lug... Ler máis
CERVO .- Mañá xoves 2 de xullo ás 21 horas, na Casa da Cultura de San Ciprián, empresarios e traballadores autónomos de Cervo teñen a oportunidade de actualizar os seus coñecementos sobre as... Ler máis
RIBADEO .- Para comezar a traballar coa nova tempada a SD Ribadeo elixiu á súa nova Xunta directiva, que está formada por: Francisco Garcia Gayol, asume a presidencia da Sociedade Deportiva... Ler máis
NOTA DE PRENSA O GPPP pídelle a Besteiro que renuncie ó cargo si se considera incapaz de asumir as súas responsabilidades como Presidente da Deputación * Os populares consideran inconsistent... Ler máis
LUGO.- A Deputación de Lugo en colaboración con Caixa Galicia está elaborando un Plan Estratéxico para a provincia. Na última reunión trataron das posibilidades económicas que se poden deriv... Ler máis
BURELA (FNC) .- As Delegacións de Benestar Social e Traballo poñen en marcha este verán en colaboración coa Cruz Vermella unha ocioteca. Trátase, segundo Neves Cando, “dun programa de respir... Ler máis
NOTA DE PRENSA O BNG INFORMA AOS VECIÑOS DE CERVO SOBRE O TRAZADO DA AUTOVIA BARREIROS-SAN CIBRAO Ademais de realizar actos en diferentes parroquias e núcleos de poboación informase casa a c... Ler máis
SANTIAGO .- Presentouse en Compostela a programación da XXV edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que se celebra do 9 ao 12 de xullo. Á cita acudirán Wolfstone, Xos... Ler máis
Nota de Prensa Grupo Parlamentario Popular en el Senado AL PRESIDENTE DEL SENADO MARÍA DEL CARMEN GUEIMUNDE GONZÁLEZ, Senadora por Lugo del Grupo Parlamentario Popular, al amparo de lo prev... Ler máis
BURELA (FNC) .- A Axencia de Desenvolvemento Local e Novas Tecnoloxías do Concello de Burela, da que é responsable o concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, da c... Ler máis
Nota de Prensa O BNG celebra actos informativos sobre o trazado en todoas as parroquias de Foz Basanta solicita a convocatoria dunha Xunta de Portavoces para que os redactores do Plan inform... Ler máis




Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



