RIBADEO (FNC) .- A quinta edición do Ribadeo de tapeo pechóuse onte con éxito de vendas, unhas 50.000 tapas, e con éxito de público. A mellor tapa do ano foi para La Solana con sopa de verdina de Lourenzá e zamburiñas. Tamén resultaron premiados A Ribeira e O Cantón Bar e dúas mencións especiais mereceron o Cabás e a Cofradía de Rinlo. O alcalde fixo un balance moi positiva desta tradicional cita gastronómica.
Fernando Suárez sinalou que “estamos diante dunha iniciativa tan positiva que chegou á súa quinta edición, unha iniciativa promovida polo Concello de Ribadeo e onde pretendemos facer da nosa gastronomía unha festa arredor dos productos de calidade, do bó facer dos profesionais e da acollida do público. Eu penso que nestas tres cuestións, como se di habitualmente, a clavamos, tanto nos productos de primeirísima calidade que todo o mundo ofreceu, como no bó facer de todos e cada un dos 49 establecementos que participaron e pola acollida magnífica dos milleiros de persoas que nestes nove días degustaron as tapas tanto en Ribadeo, como en Rinlo, Remourelle ou Covelas”.
O rexedor suliñou que “ainda que sempre decimos que o importante é participar, tamén ten que haber uns gañadores e un xurado moi profesional composto por xornalistas, profesores de universidade, críticos gastronómicos e membros do Centro Superior de Hostelería de Galicia escolleron unha serie de tapas gañadoras e outorgaron dúas mencións especiais: unha ao Cabás, pola recuperación do recetario tradicional e outra á Cofradía de Rinlo, pola orixinalidade e o equilibrio no deseño da súa tapa. A mellor tapa creativa foi para O Cantón Bar pola súa tosta de queixo con fritura de tomate e pemento; a mellor tapa tradicional foi para A Ribeira polas súas fabas con callos e a mellor tapa do ano foi para La Solana pola súa sopa de verdina de Lourenzá e zamburiñas. Todos os establecementos foron merecentes do premio polo traballo e o esforzo realizado, pero o xurado determinou que éstes deben ser os gañadores”.
Suárez Barcia engadiu que “agora nos vindeiros días entregaremos todos estes premios e tamén o premio á mellor barra, que o propio público escolleu e os premios aos larpeiros de ouro. Ao mesmo tempo debo salientar, que a xulgar polas impresións que nos deron moitos dos establecementos participantes, nestes 9 días puideron ser vendidas unhas 50.000 tapas, tendo en conta que foron 49 os establecementos participantes e moitos deles superaron as 1.000 tapas vendidas e outros rondaron esa cifra. Eso é unha honra para Ribadeo, é un mérito o traballo en común tanto dos hosteleiros, do Concello, como dos que nos axudaron: o CCA e a Deputación. Unha iniciativa que ten un coste cercano aos 9.000 euros, pero os beneficios que xenera para economía local son maiores”.
O alcalde dixo que “da gusto pasear por Ribadeo, da gusto ver os establecementos ateigados de xente e a repercusión en positivo que ten para a economía local non ten parangón. Felicito a todo mundo e verémonos nuns días na entrega de premios aos gañadores desta quinta edición do Ribadeo de tapeo e aos larpeiros de ouro, que foron os que puideron rematar esta ruta de 49 establecementos”.
En total foron 13 os finalistas da quinta edición do Ribadeo de Tapeo: A Cofradía de Rinlo, Cabás, Casa Pepe, O Cantón, Costa Verde, El Duende, Kursal, Nevada, Queimada, A Ribeira, Ribanzo Pub, La Solana e Taberna de Lola. Os gañadores foron os que comentamos na nota de prensa anterior.
Os membros do xurado foron:
-Manuel Gago é xornalista, director de culturagalega.org, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e editor de Capítulo 0.
-Miguel Vila, xornalista gastronómico premio Alimentos de España 2005 / Premio Álvaro Cunqueiro 2004 y 2006,
-Roberto Walter xefe de cociña do Centro Superior de Hosteleria de Galicia
-Lois Macias, periodista gastronómico
-Soledad Felloza, artista e comisaria de exposición Ao pé do Lar promovida para o Fórum Gastronómica en Santiago
-Ana Martínez Arruñada, profesora de cociña do IES de Hostelería de Foz.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



