Nota de Prensa
Basanta afirma que Rivera comportase como un comercial non como un Alcalde
O Goberno de Foz quere subir o prezo da piscina de xeito ilegal
Foz, 14 de agosto de 2010.- O BNG quere manifestar o seu rexeitamento á maneira de actuar do alcalde de Foz, o Sr. Rivera, ao romper unilateralmente acordos dos tres grupos da corporación e de gobernar sen respectar as mínimas regras democráticas co fin exclusivamente de defender intereses particulares así como proceder a aumentar os prezos de uso da piscina nun 7% e tentar de aprobar pola porta de atrás o pago dunhas facturas que xa foron rexeitadas no anterior Pleno da Corporación.
No pasado pleno do 29 de xullo, os tres grupos políticos decidimos deixar sobre a mesa a modificación das taxas da piscina municipal debido a que o informe de intervención estaba inacabado. A decisión dos tres grupos foi convocar un pleno extraordinario na semana seguinte, é dicir, do 2 ao 6 de agosto para tratar dito asunto. Contando con isto, algúns dos concelleiros xa dispuxeron as súas vacacións a partir desa semana dado que o tema estaría resolto e non habería máis plenos en agosto. Pois ben, por decisión unilateral do alcalde e sen ningunha explicación nin xustificación, non convocou o pleno na semana acordada e convoca comisións informativas de pleno para o día 16 de agosto, faltando á palabra e ao acordo unánime da corporación.
Neste sentido hai que ter en conta que o goberno municipal defende – seguindo a pretensión da empresa concesionaria – subir os prezos da piscina municipal máis dun 7% en contra dos informes dos servizos de intervención do Concello, mesmamente vulnerando as condicións da adxudicación do contrato a empresa que leva o servizo da piscina e tentando cargarlle aos veciños de Foz os custos de persoal, o que significa prescindir do establecido nas bases da concesión, na lexislación de aplicación e na xurisprudencia casada do Tribunal Supremo. Non é novo que Rivera se salte a legalidade á toreira, pero isto non quita que ademais esta sexa unha decisión que non só non se axusta a dereito senón que exclúe dun servizo a moitos focegos por razóns de renda e que exemplifica que o Alcalde de Foz cando se trata de beneficiar a unha empresa non lle importa gravar a todos os veciños do Concello.
A maiores disto e aproveitándose da situación, á parte do tema da piscina o alcalde introduce dentro dos puntos a tratar neste pleno extraordinario o recoñecemento extraxudicial de crédito que xa foi votado negativamente polo pleno na sesión de xullo. A pesares de estar votado e rexeitada a modificación de crédito volve a levala a pleno co único fin de pagar algunhas facturas que están tamén reparadas por Intervención por estar mal conformadas, por non haber consignación presupostaria ou por non facer ningunha previsión de gasto antes de efectuar ás obras. Tanto é así, que unha vez máis o goberno municipal confirma que non ten ningún control sobre o gasto e que segue gastando máis do que pode. Ademais o alcalde debería de explicarlle aos veciños de Foz cales son os criterios que rexen o pago de facturas posto que hai facturas anteriores a estas que están sen pagar e que terán que esperar mentres outras se pagan no momento. Rivera utiliza o Orzamento de Foz como unha ferramenta para o trato de favor, establecendo un trato diferente para os provedores, en función de non se sabe que intereses e facendo un uso irresponsábel e caprichoso do diñeiro público até o punto de que en menos de tres anos leva gastado só de remanente máis de 1.000 millóns das antigas pesetas.
O BNG de Foz solicitará que estes asuntos queden sobre a mesa e que o pleno se pospoña para o día 26 que é cando tiña que celebrarse o pleno ordinario de agosto e esperamos que saia aprobada e que o alcalde respecte esa decisión polo ben do Concello e dos intereses de todos os focegos e focegas. Tamén anunciamos que se o alcalde salta á toreira os principios da democracia e saca adiante os dous asuntos, o BNG vai a interpoñer un recurso de reposición contra esa decisión. Os nacionalistas reprobamos esta actitude, que por normal no personaxe, resulta totalmente indigna dun cargo político que sobardean a mínima ética política e que dá conta da prepotencia e as malas artes dun alcalde que perdeu o control do partido e do goberno municipal, onde cada quen vai por libre, producindo un desgoberno que vemos a diario nos numerosos problemas que ten o concello mentres o alcalde só se preocupa de defender intereses particulares e de facerse propaganda a si mesmo. Tanto é así que cada día é máis evidente que Foz ten ao fronte do Concello un comercial e non un Alcalde.


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



