Nota de prensa
RAQUEL ARIAS REÚNESE CON REPRESENTANTES DE CONCELLOS E ENTIDADES TURÍSTICAS DA MARIÑA PARA AVANZAR NO PLAN DE COMPETITIVIDADE DO SECTOR
A Xunta traballa na elaboración do proxecto que singularice a oferta da zona, multiplique os seus atractivos e potencie a imaxe integrada deste territorio como destino
Xove, 22 de decembro de 2010.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, mantivo hoxe unha reunión de traballo con representantes dos concellos e de entidades relacionadas co sector turístico da Mariña. O obxectivo da xuntanza foi o de recabar as aportacións que tanto as institucións como o sector considerasen oportunas ao borrador que a consultoría encargada da redacción do proxecto turístico da Mariña lles presentou durante a xuntanza.
Neste encontro, no que participou tamén o xefe territorial de Cultura e Turismo, Xosé Carlos Rodríguez Andina, deuse conta dos avances conseguidos despois dunha primeira fase informativa que recolleu os puntos de vista dos distintos axentes clave do sector -hostalería, asociacións, concellos…-.
Este material integrouse nun primeiro borrador do documento, que se elabora a instancias da Secretaría Xeral para o Turismo e responde ao compromiso expreso realizado hai algúns meses pola secretaria xeral, Carmen Pardo, durante a súa visita á Mariña.
En orixe, a Xunta pretendía optar con esta iniciativa –un plan para a Mariña luguesa- ao programa de competitividade do sector turístico que convoca anualmente o Goberno central. Pese a que esta liña non foi habilitada no presente exercicio, a Secretaría Xeral para o Turismo decidiu culminar a proposta, para en calquera caso intentará sumar todos os apoios posibles.
A delegada destacou o importante labor que se leva feito, identificando as fortalezas e as debilidades da proposta turística da Mariña, e centrou a reunión de hoxe naqueles puntos que será preciso potenciar para “situar a este territorio no lugar que merece polos seus valiosos atractivos turísticos”.
Arias propuxo que o plan estratéxico “singularice a oferta da zona, multiplique os seus atractivos e potencie a imaxe integrada deste territorio como destino”. A delegada fixou estes obxectivos xenéricos ante alcaldes e representantes dos distintos concellos mariñaos así como membros de asociacións involucradas no desenvolvemento económico desta área, entre elas a Asociación de Turismo Rural da Mariña.
Incidindo nesta visión global, sinalou a necesidade de “elaborar unha oferta turística integrada para todo o territorio”, que venda “unha imaxe única e á vez diversificada dos numerosos atractivos desta zona, tanto na cosa como no interior”.
“Podemos artellar unha oferta turística moi completa, que combine mar, patrimonio natural e paisaxístico, gastronomía, arquitectura civil e relixiosa, e cultura”, subliñou a delegada, que amosou a súa satisfacción “polos progresos que imos logrando en cada un destes encontros e porque cada vez son máis os colectivos que achegan a súa visión a este proxecto”.

























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



