Nota de prensa:
ADEGA, APDR e a Federación de ANPAS de Lugo piden á Xunta que substitúa o “wifi” por cabo no Proxecto Abalar
EscolasenwifiCompostela, 8 de febreiro de 2012. Representantes das ANPAS de Lugo e dos colectivos APDR e ADEGA vímonos de reunir co subdirector xeral de sistemas informáticos da Consellaría de Educación, Carlos Vázquez, para trasladarlle a proposta de substituir o acceso a internet vía “wifi” por cabo nas aulas do proxecto Abalar. A exposición continuada das persoas á radiación electromagnética, particularmente dos nenos e nenas en idade escolar através dos móbiles e do sistema “wifi”, pode causar graves danos á saúde como recoñece a Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC), dependente da Organización Mundial da Saúde. O propio Consello de Europa recomendou en maio de 2011 tomar medidas urxentes para reducir a exposición a este tipo de radiacións. Temos a oportunidade de, mediante uns pequenos cambios, facermos unhas aulas máis saudábeis para as nosas crianzas. Non é esta unha obriga de toda administración pública?
Unha das medidas recomendadas é o emprego de sistemas máis eficientes e seguros nas escolas como o cable no canto de Wifi, por seren os nenos e as nenas un sector da poboación dos máis sensibles a este tipo de radiacións. Pola contra, o único sistema de acceso a Internet que a Xunta propón no proxecto Abalar para os centros de ensino é o sistema Wifi, pese a que isto supón un alto risco para a saúde dos nenos e nenas e vai en contra das recomendacións da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa.
O proxecto Abalar ten como obxectivo a integración plena das TIC na práctica educativa en Galiza, o que é imprescindíbel para o bo desenvolvemento dos rapaces na sociedade actual e futura. Por iso, dende ADEGA, a APDR e as ANPAS de Lugo, concordando cos obxectivos de Abalar, cremos que sería posíbel modificar o sistema de acceso á rede nas aulas para, ademais de garantir un ensino de calidade, non poñer en risco a saúde dos cativos.
As tres organizacións instamos á Xunta a tomar medidas que xa levaron a cabo outras administracións de países como Franza, Inglaterra, Alemaña, Austria, Suíza, Canadá e Estados Unidos, onde se prohibe o emprego de “wifi” nas escolas ou se rempraza por cable. O Estado español tampouco é alleo a estas demandas: son moitas as organizacións que, através da campaña “Escola sen Wifi” da Plataforma Estatal contra a Contaminación Electromagnética, están a avogar pola retirada do sistema “wifi” das escolas e a instalación da rede por cabo.
Tamén solicitamos á administración que mentres non se substitúa o dispositivo “wifi” por cableado nas escolas, ínstese aos centros de ensino a apagar os emisores cando os rapaces e rapazas non precisen internet.
Dende ADEGA, a APDR e a Federación de ANPAS de Lugo consideramos que estas medidas non supoñen custos engadidos na instalación de internet nos colexios; pola contra, a instalación da rede polo sistema de cableado pode resultar máis barata que o sistema “wifi”, proporcionando ademais unha maior eficacia do servizo. Tamén o feito de manter apagado o dispositivo “wifi” mentres os alumnos e alunas non o utilicen, como medida de precaución e provisional até que non se produza a substitución por cabos, contribuirá a reducir o consumo enerxético dos centros educativos e, portanto, o gasto de recursos e fondos públicos.


























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



