A REALIDADE DO CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL
DE BURELA
Durante estes días pasados falouse moito en Burela sobre a posta en marcha do
Centro de Día para persoas con discapacidade intelectual e, dende o BNG, queremos saír ao
paso das declaracións que, sobre este tema, fixo a Concelleira de Servizos Sociais porque, unha
de dúas, ou descoñece por completo esta problemática (o cal é moi grave) ou, se sabe do que
fala, está enganando aos veciños e veciñas de Burela.
Porque a realidade é moi distinta da que ela conta.
E esta realidade comezou aló polo ano 2008 cando se recibe a autorización da daquela
Vicepresidencia da Igualdade e Benestar da Xunta de Galiza para construír ese Centro de Día. A
partir de aquí puxémonos a traballar dende o Concello e dende a Fundación “Eu Son” para
conseguir o financiamento necesario para a construción e dotación do Centro. E, así,
conseguíronse subvencións (da Vicepresidencia da Xunta, de AGADER e da Deputación de
Lugo) por importe de máis de 100.000 € para estes dous conceptos construción e dotación de
material. E en xuño de 2010 xa estaba todo listo: o Centro rematado e dotado e todos os
permisos e autorizacións para abrilo.
Pero polo medio deste proceso e, en concreto, a finais de 2009 produciuse un feito
importante e que condicionou a futura apertura do devandito Centro de Día: o PP na Xunta de
Galiza cambiou o procedemento para concertar prazas nestes Centros de Servizos Sociais. Ata
o ano 2009, o Centro Ocupacional que funciona xa dende hai anos en Burela dentro da
Fundación “Eu Son” (e no futuro sería o mesmo para o Centro de Día) tiña prazas concertadas
coa Xunta a través de convenios que se renovaban periodicamente, pero a partir do mes de
novembro de 2009 o PP na Xunta de Galiza cambiou este sistema polo de contratos de
procedemento aberto, nos que calquera entidade podía presentarse e licitar para a xestión
destes servizos (de feito, nalgúns destes centros por outras zonas de Galiza entrou unha
empresa privada a xestionalos e apartou a entidades sen ánimo de lucro que os levaban
xestionando durante anos). Así, en concreto en Burela, a Fundación “Eu Son” licitou e obtivo a
xestión do Centro Ocupacional.
Por iso, antes de chegar decembro de 2010, cando se ía proceder a unha nova
licitación deste tipo de Centros para readxudicar os contratos anteriores que caducaban,
dende o Padroado da Fundación comezáronse os contactos coa Subdirección Xeral de
Coordinación de Equipamentos de Servizos para Persoas con Discapacidade para entrar neste
sistema de contratos e poder abrir así o Centro de Día que xa estaba rematado. Mantívose
unha entrevista coa citada Subdirección Xeral e, nela, tanto o Alcalde daquela coma a
Directora da Fundación recibiron a resposta da Xunta: non había cartos e non era posible
concertar estas prazas. Así de claro: a Xunta de Galiza do PP dixo non ao Centro de Día de
Burela.
Pero todo isto non o digo eu porque si, nin o invento (como di moitas veces o PP de
Burela que me atribúe unha imaxinación moi portentosa). Simplemente lle diría á Concelleira
de Servizos Sociais, que agora polo seu cargo forma parte do Padroado da Fundación, que se
lese as actas deste órgano para que se enterase de todo isto porque aparece moi clariño.
E aínda hai máis, nós solicitamos dende o Concello incluír este concerto de prazas do
Centro de Día nos orzamentos da Xunta para o ano 2011 e o PP de Burela votou a favor porque
sabía que era a única forma de poder botar a andar este servizo. Sen embargo, os seus
compañeiros da Xunta de Galiza de novo nos dixeron que non. Esa é a realidade.
Poñer en marcha este Centro de Día, tal e como se analizou en varias reunións do
Padroado daquela época e así figura nas actas, necesita o concerto das 20 prazas coa Xunta
porque, se non, é inasumible economicamente para as familias. Segundo os cálculos feitos
naquel momento e tendo en conta os recursos humanos e materiais que a lei marca para o
funcionamento deste tipo de Centros, estamos falando de perto de 18.000 € ao mes para que
o Centro funcione, o que suporía uns 900 € por persoa usuaria cada mes. E esta é unha
cantidade inasumible para moitas, ou eu diría case todas as familias destas persoas con
discapacidade intelectual.
Agora, a historia repítese e, ante unha pregunta do BNG no Parlamento Galego, a
Xunta do PP volve a dicir que non ao Centro de Día de Burela. Sen embargo, a Concelleira de
Servizos Sociais di que o Centro se abrirá para o verán, pero non di que custo económico terá
para as familias ao non contar coa aportación económica da Xunta de Galiza.
Remitido




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



