Este xoves tivo lugar a segunda das charlas sobre “Crise, economía e falsos dogmas” organizadas pola AVV O Tesón. Foi a cargo de José Ángel Bolaño Penelo, quen despois de marcar cales ían ser os pasos durante a súa intervención, abordou abordou a crise referíndose ós capítulos correspondentes do libriño ‘Manifesto de economistas aterrados’.
Na charla, desenvolta no Salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo e seguida por trinta persoas, producíronse ademais interesantes intervencións do público, motivadas pola nídia disección da crise feita polo conferenciante.
Tras comezar coa pregunta ‘medidas de austeridade: baseadas en evidencias ou en dogmas?’, respondeu á mesma abordando a resposta a traverso dunha liña histórica, outra comparada e outra teórica, e incidindo na sociedade actual e os efectos que sofre. A ligazón de datos como que no 2009 1/8 da poboación residente de xeito legal en España fora de orixe emigrante e a súa aportación en 1/3 ó aumento do PIB -algo demostrado polos números- ou o travase de débeda privada a débeda pública e o conseguinte aumento dista debido ó mesmo xunto coa inversión en mecanismos automáticos de equilibrio -acompañados dunha diminución de ingresos por rebaixas fiscais- foi abordada como integrante da primeira parte da crise. De xeito parello, na segunda parte, foi destacada a incidencia da austeridade en magnitudes económicas como o desemprego ou o desequilibrio fiscal, así como outros feitos como os ‘brotes verdes’ citados no 2011 e a súa realidade. O remate foi posto despois dunha cita que sinala que non é que gastáramos por riba das nosas posibilidades, senón que ganábamos por baixo das nosas necesidades despois de anos de baixadas do que significa as rendas no conxunto de rendas, sen medrar os salarios reais nin en època de bonanza.
No debate posterior, ó tempo que se reafirmaban afirmacións da charla como a relación desequilibrio de gasto público e axudas á banca, xurdiron outros temas como a organización do poder do capital fronte á desorganización social, ou que as ‘posibilidades’ (en relación á frase ‘gastar por riba das nosas posibilidades’) poden ser postas, e sóno, de xeito externo. Asemade, lembrouse que en cada punto/capítulo do manifesto que se emprega como fío condutor aparecen alternativas ó que se está a facer na actualidade, habendo polo tanto, alternativas aínda que se insista dende hai tempo en que non as hai.
Durante a charla tratouse a incidencia do aumento da influenza dos mercados financieiros na economía e tamén o tratamento da relación da imposición sobre o déficit da UE, a súa influenza no devir dos mercados financieiros e o seu efecto en forma de recortes na actualidade en España, procurando solucións e deixando patente a desculpa neoliberal para desmontar o chamado estado do benestar.
A próxima charla da serie será o venres 18 de outubro, no mesmo lugar e hora, a cargo de María Jesús Fernández Fernández.






















Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en:
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.



