Os bombeiros de Barreiros extinguiron este martes un lume que se iniciou nunha caseta onde se almacenaban depósitos de gas no lugar de Dompiñor, en Piñeira, na localidade de Ribadeo.
Tras recibir a alerta dun particular, pasados uns minutos das 08.30 horas, o CAE 112 Galicia, puxo en alerta aos efectivos do parque comarcal que unha vez no lugar, e, controlado o lume, confirmaron que, unicamente, ardera o sistema eléctrico dunha caldeira.
Ademais de alertar aos bombeiros, o CAE 112 Galicia, pediu a intervención dos axentes da Garda Civil e da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil de Ribadeo. O persoal da empresa subministradora do gas, tamén foi informado polo 112 Galicia.