O Santiago Futsal impúxose con autoridade ó Cidade de Narón por 1-8 e adxudicouse a terceira posición do I Torneo E para comer, Lugo. A escuadra de Santi Valladares non quixo deixar ningunha porta aberta para a sorpresa e comezou o duelo coa súa intensidade habitual. Nos primeiros compases o Cidade de Narón contivo o asedio compostelán pero o 0-1 marcado por Dani Montes, minuto 6, deu paso a unha maior eficacia santiaguesa. Nun par de minutos, Santi e Diego Quintela marcaron o 0-2 e 0-3, respectivamente. Con este marcador o Santiago Futsal baixou un pouco o pistón para apertar de novo no tramo final. Dani Montes marcou o seu primeiro gol da tarde dende o dobrepenalti (0-4) e Isma puxo o seu selo co 0-5, resultado co que se chegou ao descanso.
Na continuación o Cidade de Narón saíu disposto a seguir competindo e tivo algunha ocasión para recortar distancias pero Alex Diz sacou a súa clase a relucir e nunha acción persoal asinou o 0-6, minuto 29. Os departamentais recortaron o marcador cun gol de Buján de falta directa logrando o tanto do honra (1-6) que deu paso ao festival de Dani Montes desde o dobrepenalti. O xogador compostelán demostrou a súa eficacia marcando o 1-7 e o 1-8 desde o dobrepenalti para acabar o encontro cun póker de goles. Con este resultado (1-8) chegouse ao final dun partido de clara superioridade santiaguesa.
Ficha técnica
Cidade de Narón: Juanjo, Jacobo, Rober, Cristian, Juve –cinco inicial- Iván, Javi, Brais, Alex, Bieito, Buján.
Santiago Futsal: Iker, Isma, Mel, Santi, Diego Quintela –cinco inicial- Dani Quintela, Dani Montes, Iván Rumbo, Alex Diz, Quique.
Goles: 0-1, m.6, Dani Montes; 0-2, m.7, Santi; 0-3, m.8, Diego Quintela; 0-4, m.17, Dani Montes (DP); 0-5, m.19, Isma; 0-6, m.29, Alex Diz; 1-6, m.31, Buján; 1-7, m.34, Dani Montes (DP); 1-8, m.36, Dani Montes (DP).
Incidencias: Encontro polo terceiro e cuarto posto do Torneo E para comer, Lugo. Pavillón Vista Alegre de Burela. Presenza no palco de autoridades do seleccionador español de Fútbol Sala, José Venancio López Hierro.





















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
