Ribadeo, 3 de setembro de 2015.- O alcalde, Fernando Suárez, acompañou á presidenta da Deputación, Elena Candia, na visita cursada á nova residencia de maiores, en construción. O rexedor agradeceu o compromiso da institución provincial e lembrou que a Xunta aínda non puxo a partida comprometida no seu día.
Na súa intervención o alcalde deulle a benvida á presidenta da Deputación de Lugo, “como responsable desa única institución que no seu momento, e grazas a iso, xunto co Concello, este edificio que temos detrás estase convertendo nunha realidade. O que era un soño colectivo estase convertendo nunha realidade. Aquí están todos os representantes do pobo, todos os do Concello, institucionalmente, incluídos os representantes das asociación veciñais que tan boa labor fixeron para ser o cemento de unión entre todos os grupos. Grazas a iso e grazas a todo o esforzo colectivo nos últimos 3 ou 4 anos este proxecto é unha realidade. Oxalá a Deputación, co seu apoio dos convenios asinados, que son 1.800.000 euros, xunto coa parte restante que é a que ten que poñer o Concello, oxalá tamén dentro de pouco poidamos ver o compromiso da outra institución, que é Xunta de Galicia, oxalá aporte a súa parte, ben pequena por certo. Aínda dende o 28 de agosto de 2014, todos os voceiros do PP, PSOE, de UPRI, do Bloque e das asociacións de veciños lles enviamos un documento que desmontaba aquelas malas interpretacións que a Xunta tiña sobre o que era necesario para que a Xunta puxera aqueles escasos 500.000 euros. Dende aquela, dende hai máis dun ano, non temos coñecemento”.
Suárez Barcia dixo que “coa Deputación está funcionando todo perfectamente, as certificacións de obra que se envían periodicamente, as que envía a empresa e que valida a dirección de obra, puntualmente dende a Deputación abónanse. Esperamos que continúe sendo así e agradecemos o teu compromiso”. O alcalde fíxolle unha petición a Elena Candia: “a ver si por favor se lles fas entrar en razón aos responsables da Xunta, concretamente á conselleira de Benestar e ao presidente da Xunta. Como ves isto é un proxecto de todos, estamos todos representados, estivemos dende o principio e imos estar así ata o final. Porque a fin de contas, máis alá da cuestión política de onde veñamos cada un, todos somos de Ribadeo e todos queremos vivir moitos anos, pero ao final das nosas vidas tamén queremos vir a sitios adecuados e agradables coma esta residencia”.
Pola súa banda, Elena Candia, sinalou que “sen deixar de recoñecer o acerto do seu inicio polo anterior equipo de goberno, si que nos parecía importante que este novo equipo visitase esta infraestrutura que é necesaria e manifestar de xeito contundente a dispoñibilidade coa Corporación e co alcalde nesta obra así como noutras necesidades que poidan presentarnos o Concello e os seus veciños”.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



