A concelleira de Benestar Social do Concello de Alfoz, Carmen Geada Maseda, e o Tenente Alcalde, Xabier Pardiñas Suárez, reuníronse co persoal do Servizo de Axuda no Fogar coa finalidade de realizar unha presentación dos novos cargos e recoller e plantexar ideas para este servizo.
Actualmente o Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Alfoz presta atencións a uns trinta usuarios no seu domicilio, atendendo especialmente a persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu medio inmediato. O servizo prestado polo persoal do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Alfoz vai desde as atencións de carácter persoal para a realización de actividades básicas na vida diaria dos usuarios, tales como a hixiene persoal, o control alimentario ou incluso trámites administrativos, sanitarios e similares, así como outras de carácter doméstico e da vivenda, tales como a limpeza e o mantemento, a preparación de alimentos, o lavado e coidado de roupa e o apoio da unidade familiar.
A área de Benestar Social do Concello de Alfoz conta cunha Traballadora Social que coordina a un grupo de cinco Auxiliares de Axuda no Fogar. Ademais o Concello conta cunha Educadora Familiar para atencións de carácter psicosocial e educativo.
A Concelleira de Benestar Social, Carmen Geada Maseda, agradeceu o traballo desenvolvido polo persoal deste servizo, “tan importante en concellos rurais cun gran número de persoas maiores” e anunciou que durante o mes de setembro se realizará unha convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para postos de traballo de Auxiliar de Axuda no Fogar coa finalidade de substitución de postos de traballo nos suposto de baixas por incapacidade temporal, vacacións ou outras causas que esixan a inmediatez na contratación.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



