Santiago, 4 de setembro de 2015.- Un total de 120.718 persoas visitaron o Monumento natural da Praia das Catedrais, no concello lucense de Ribadeo durante o pasado mes de agosto. Hai que destacar que un 92% dos visitantes acudiron con autorización realizada previamente a través da web https://ascatedrais.xunta.es, adquirindo a autorización directamente mediante o emprego do autobús urbano desde Ribadeo ou acreditando a súa hospedaxe nun establecemento local.
O balance de agosto mostra unha media de 3.870 visitantes e un total de 14 días nos que se completou a cota establecida no plan de conservación de 4.812 visitantes ao día.
A Xunta valora a correcta implantación do sistema de regulación de accesos posto en marcha o 1 de xullo, que responde o obxectivo de conservar o espazo protexido ordenando o acceso, dado o importante impacto que estaba a supoñer unha afluencia masiva de visitantes de forma desordenada e moi concentrada no tempo.
No mes de xullo, pola súa banda, foron un total de 75.253 os visitantes que se achegaron á Praia das Catedrais, o que supón unha media de 2.427 persoas ao día. Neste primeiro mes de implantación das medidas do plan de conservación, o 74% dos visitantes achegáronse coa autorización previa realizada. Neste mes non se acadou ningún día a cifra máxima.
Á vista dos datos, a Xunta de Galicia quere valorar o incremento na porcentaxe de reservas previas entre xullo e agosto, -do 74% ao 92%- que pon de manifesto a correcta implantación do sistema de autorizacións previa e un axeitado coñecemento do mesmo por parte dos visitantes.
Hai que destacar que as persoas que chegaron ao lugar sen autorización previa, puideron obtela alí, coa axuda do persoal da Xunta, en función do aforo dispoñible.
En total desde a implantación dos sistema de autorización previa o 1 de xullo ata o 31 de agosto foron polo tanto preto de 200.000 persoas (195.971) as que visitaron o monumento natural.
Do balance de visitas extráese tamén que un total de 4.748 optaron por realizar a visita guiada gratuíta, a meirande parte (3.678) durante o mes de agosto.
Respecto do perfil do turista, cos datos que se introducen na aplicación (orixe) podemos dicir que un 4% é de fora de España, un 15% de Galicia e un 81% do resto de España.
Respecto da pernocta, un 3,5% dos que acceden ao areal quedan en Ribadeo.
Autorización sinxela e gratuíta
Cómpre lembrar que o sistema de acceso previsto consiste simplemente na obtención dunha autorización gratuíta, que pode descargarse a través da aplicación web https://ascatedrais.xunta.es , e que ademais lle dá cumprida información do horario das mareas para cada día (recoméndase visitar o monumento desde dúas horas antes da marea baixa e ata dúas horas despois), como o número de autorizacións dispoñibles para cada día.
O sistema de regulación de acceso coa cota límite de 4.812 visitantes remata o 30 de setembro.
Incremento da demanda hoteleira na Mariña
A falta de coñecer os datos correspondentes ao mes de agosto, coñécese xa que demanda hoteleira na Mariña Lucense no mes de xullo rexistrou incrementos tanto da cifra de viaxeiros aloxados coma das pernoctacións, con subas do 19,3% e do 11,5% respectivamente.
Estes incrementos foron consecuencia do bo comportamento rexistrado nos dous grandes segmentos de mercado. Tanto o turismo nacional coma o internacional presentaron melloras notables neste sétimo mes do ano, incrementando tanto a cifra de viaxeiros aloxados –en torno a un 20%- como as pernoctacións –un 11,7% o segmento nacional e un 9,7% o internacional-.
Así mesmo, froito desta mellora da demanda os niveis de ocupación do sector melloraron neste mes de xullo, en 4,5 puntos porcentuais.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



