Foz, 4 de setembro de 2015.- O pleno extraordinario da corporación municipal de Foz celebrado este xoves por petición dos grupos da oposición acabou na aprobación por unanimidade dunha serie de melloras para a Escola Municipal de Música, que afectan ao curso que comezará no vindeiro mes outubro e tamén ao seguinte. Explicouno hoxe o alcalde en funcións, Pedro Fernández Manín, quen agradeceu a boa vontade de todos os grupos da oposición para acadar este acordo.
“No día de onte ás oito e media da tarde tivo lugar o pleno extraordinario solicitado pola oposición para tratar a situación actual da Escola Municipal de Música e ademais tomar certas medidas para os próximos cursos. Con motivo deste pleno o mércores ás oito da tarde tivemos unha comisión informativa, onde todos os grupos estivemos de acordo en discutir a situación da escola, pero posteriormente decidimos entre todos que non se podía asumir todo o programa que a oposición presentaba”, explica Fernández Manín.
“Como consecuencia disto”, continúa o alcalde en funcións, “nesa comisión sometemos a votación a proposta da oposición para este presente curso e cos votos a favor de toda a oposición e a abstención do Partido Popular, para facer unha valoración antes do pleno por parte dos técnicos do Concello. Logo desa análise, tanto de Secretaría como de Intervención, tivo lugar outra reunión antes do pleno, na que decidimos todos os grupos presentar unha moción transversal para unha modificación do punto do pleno no que se tratarían soamente os asuntos para levar a cabo no presente ano. Son ampliar horario da Escola de Música, crear unha comisión de estudo de seguimento ao proxecto presentado, determinar o período de prematriculación e incluír na programación outras materias. Unha vez votada e aprobada esta moción por unanimidade decidiuse ampliar o horario en 28 horas mensuais: 2 horas en clarinete, 3 horas en percusión e 2 horas en vento-metal. Polo tanto é un aumento ao horario actual de sete horas semanais”, relata Pedro Fernández Manín.
No segundo punto da orde do día acordouse crear unha comisión de estudo e seguimento do proxecto educativo presentado, que estará formada por un concelleiro de cada grupo (PP, PSOE, FPF e BNG) así como polo director da Escola e un membro da ANPA. Fernández Manín explica que esta comisión funcionará “con reunións como mínimo bimensuais, autorizando á mesma comisión, que estará sempre presidida polo alcalde, a poder facer reunións extraordinarias para levar a cabo canto antes o estudo deste proxecto para poder iniciar no curso 2016-2017, sempre que todos os informes sexan favorables, tanto de Intervención como da Secretaría do Concello”.
No terceiro punto determinouse o período de pre-matriculación, que será do 1 ao 15 de xullo de cada ano, e do 1 ao 15 de setembro a matriculación, co comenzo do curso entre o 1 e o 10 de outubro.
O seguinte punto aprobado foi o de incluír, dentro da programación do presente curso e das mesma horas, e sempre que haxa un numero mínimo de 6 alumnos e un máximo de 15, as materias de Prebanda e Música e Movemento. “No presente curso”, puntualiza o alcalde en funcións, “como hai un custe adicional destas horas que se aumentan e non está variada a ordenanza da Escola, estes custes vainos asumir o Concello. Polo tanto non se vai modificar o importe da matrícula. Para o próximo ano, no curso 2016-2017 redactarase un estudo da comisión para variar e aprobar unha modificación na ordenanza”.
Fernández Manín agradece o acordo entre todos os grupos para poder sacar adiante estas novidades: “quero destacar que o equipo de goberno nos últimos catro anos mellorou moito a Escola de Música, dándolles locais específicos que antes non tiñan. Apoiamos total e absolutamente á Escola de Música de Foz porque é unha das bases de cultura do noso municipio. Dende o equipo de goberno felicitamos a todos os grupos da oposición por chegar a un acordo coma este por unanimidade e intentar traballar para todos, para os veciños que son os beneficiarios, sobre todo os alumnos da Escola de Música”.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



