A nova deixounos abraiado. A Praia da Rapadoira, perde a bandeira azul que viña ostentando dende había tres décadas; xoia dos areais mariñáns, sempre moi coidada; a de mais tradición en atencións e servizos; a primeira distinguida co galardón que acaba de perder; aureola que tanto colaborou ó prestixio co que conta, e da que sempre os focegos sentimos fachenda, e non sen razón ;acabamos de recibir o pao que nos temíamos e no que algúns tanto levamos insistido; hoxe lamentamos que de nada servira.
O 22/9/ 91 escribimos: “Nenguén dubida da necesidade da actuación (a dotación de depuradora); pero a evidencia obriga a ser cautos e reflesivos e non permitir que tal feito deixe posibles secuelas para a vida cidadá e para a incidencia no turismo. O porto forma un todo urbán co resto da vila, da que a beiramar é o meirande valor, que dende hai décadas vense masacrando por sucesivas e infaustas actuacións dentro da ría.
Hai que adoptar actitudes racionais e aplicar o sentidiño, evitando, no posible, riscos de imprevisibles consecuencias. Non destruamos o patrimonio mais valioso; que ninguén poida pronunciar aquelas verbas do pintor Laxeiro: “ qué pobo mais fermoso, pro… ¡qué carallo de xente…!”
O feito que vivimos, traenos á memoria outros momentos e outras persoas. Déstas imos lembrar dúas que, cumprindo a humilde función de gardapraias, para este cronista foron, en tempos de tódalas carencias, auténticos heroes que salvaron vidas e dedicaron tódolos esforzos á defensa do areal que situaron na cresta do prestixo entre cantos se espallan por un longo percorrido do noso litoral.
Do vello Castiñeira: O Ignacio Chacártegui era un dos barcos de cabotaxe que, na primeira metade do século pasado, entraban no porto con carga xeral e saían con travesas para minas de Asturias. Un día de febreiro de 1929, o barco esperaba, fóra da barra a subida da marea para entrar. O capitán mandou a tres homes nun bote a terra; o mar estaba alporizado e a embarcación envorcou. Dous nadaron a terra e un desapareceo. Dada a alerta , saíron varias lanchas no seu auxilio. Na proa da chamada “Peidiño” ia Castiñeira, atento ó seu arredor. Cando albiscou ó desapareci do, o bravo mariñeiro atou unha corda á cintura, lanzouse ó rescate, malia a ondada reinante, e sacou á superficie ó mariñeiro Xosé Ponte que, a pesar do esforzo de Castiñeira, finou pouco despois.
En 1946 encargouse da vixiancia da praia. As obrigas do cometido eran: de 8 a 21 horas, vixiar que os bañistas non se metesen en zonas perigosas, nen cometesen actos inmorais , e acudir coa urxencia requerida ó salvamento dos que se atopasen en perigro. Tamén vixiar que na praia non se tirasen cabezas de peixe nen outros obxetos, denunciando ós infractores; cobraba de xornal 12 pesetas diarias. A bordo da lancha de remos “Marita”, nas súas expertas mans estaba a seguridade dos bañistas, para o que contaba cuns salvavidas na beiramar (coa lenda: “Respétame, puedo salvarte la vida”), uns corchos e unha corda ó seu carón.
Chegoulle a Castiñeira o recoñecemento dunha vida dedicada ó mar, en forma de homenaxe e a medalla de mérito ó traballo. Finou no ano 1958, ós 78 de idade.
Pero, sen dúbida, o persoeiro histórico da Rapadoira foi Lisardo Rivas,” O Xico”.
Nado en Foz era, pódese decir, fillo do mar: a infancia, vivida en anos de grandes fames, foi mecida polos vaivéns das lanchas na “ribeira”; o graznido das gaivotas e o marmulo das olas que morrían na area, enmarcaron a sonoridade das vivencias infantís: o sol, o vento e as choivas curtiron a pel, producindo unha simbiosis entre home e o medio natural.
Ano de 1960.Foz gaña o 1ºpremio do concurso “Cuidado y embellecimiento de los pueblos”que cada ano patrocinaba o Gobernador Civil. Daquela as rúas lucían unha esmerada limpeza e as flores, espalladas pola vila, daban a imaxe de coidado xardín urbano; a tal punto que o enxeño popular aplicara ó alcalde, Xosé Mª Beltrán, o apelativo de “Pepe dos Tarros”: unha louvanza colectiva ó labor que, neste eido, facía o concello.
Editábase en Foz a revista A RAPADOIRA; o nº de setembro insería breve conversa con Xermán López Cao, focego de ampla cultura, que levaba anos emigrado en Liberia. Preguntado qué fora o que á volta mais o sorprenderá, dixo: “Atopar o pobo regado de flores en macetas ó alcance dos rapaces,sen que unha sexa molestada, nen tampouco os xardíns, que é incrible que brotaran en tan pouco tempo, coa protección de todos; o que pon de relevo o civismo e a cultura dos focenses”.
O Xico, que entregou a vida ó coidado do que sen dúbida é a mais valiosa xoia dos nosos atractivos, finou o 31 de xaneiro de 1993, ós 62 anos; ó enterro asistíu unha moitedume; o cadaleito saíu da Casa do Concello, cuberto pola 1ª bandeira azul concedida á Rapadoira, en xusta homenaxe a quen fora o meirande valedor dela.Hoxe non a temos.¿Cantos anos tardará en volver…? Coidemos con esmero as condicións da chegada…e quede, para sempre, aprendida a lección.





















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



