Burela 15-5-17. O secretario técnico do Pescados Rubén Burela FS, Juan Manuel Marrube Rodríguez (Alfoz, 1979), será o adestrador do equipo en Segunda División a vindeira tempada. “Antes de instaurar unha filosofía de xogo, para min o importante é ter un equipo con alma e carácter” explicaba o ex xogador laranxa, o ‘Mariskal’, cuxo dorsal, o 8, loce en Vista Alegre dende 2014. “Temos que formar un grupo no que teña pegada a idiosincrasia do club, pero tamén a cultura deportiva das incorporacións, xunto cos que pretendemos que sigan, coa xente que ten contrato. Trataremos de contaxiar o sentimento que hai aquí polo fútbol sala nos xogadores novos, dando a coñecer a filosofía do club, o que é a vila e o que sente a xente en Burela e na Mariña por este deporte, para chegar a facer esa alma e carácter” engadía o novo técnico laranxa.
Dende a directiva, o presidente, Manuel Blanco, definiu as novas responsabilidades de Juanma, con experiencia xa á fronte da base e o equipo de Terceira División, así como do FS Boal (Segunda B), como unha aposta de futuro: “Non hai mellor coñecedor da estrutura e da esencia do club ca Juanma. Ten todo o noso apoio para retomar o proxecto, cunha firme aposta pola base e a xente da casa. Será un equipo baseado no traballo e sacrificio; con estas dúas premisas, poderemos conseguir grandes cousas no futuro”, aseguraba o dirixente burelista.
Juanma Marrube xa traballa, cóbado con cóbado, coa directiva perfilando o novo proxecto: “Imos un pouco a contrarreloxo. Hai moitos clubs que xa teñen todo configurado; o descenso condiciona o noso proxecto definitivo, por iso temos que traballar con máis celeridade”, explica o mariñán, que asume o reto con moita ilusión, pero tamén sen precipitarse: “Estou contento, tranquilo, con moita pacencia e cunhas ganas enormes de traballar. Despois da traxectoria dos últimos anos do club, o equipo está nunha situación que nunca me planteei. Asumo este novo reto como unha gran responsabilidade e creo que, a pesar do descenso, esta é unha nova etapa que se pode aproveitar como unha oportunidade”, confesábase así Juanma.
O novo adestrador laranxa tomará as rendas do equipo o 1 de xullo. Mentres seguirá compatibilizando o traballo na estrutura do Pescados Rubén co seu labor á fronte dos bancos en Segunda B: “Teño que agradecer ao Fútbol Sala Boal a oportunidade que me brindou esta tempada. Grazas a este equipo tamén comezo hoxe este novo desafío; confiaron en min para estar á fronte do equipo de Segunda B e por iso estou moi agradecido”, explicaba Juanma, coincidindo coa directiva do Pescados Rubén pola predisposición do club asturiano para pechar a negociación.
Juanma tamén tivo unha mensaxe para incansable afección de Vista Alegre que tantos anos aclamou o histórico 8 burelista, para remar xuntos con novas ilusións: “Este é un golpe duro que hai que saber encaixar, pero tamén é unha oportunidade moi boa para que todos nos reinventemos. Todos temos que facer un cambio e ver esta nova etapa como un momento idóneo para conseguir grandes logros”, concluía o ‘Mariskal’.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
