Burela, 15 de Maio de 2017. O BNG mostrouse crítico coas obras realizadas recentemente nalgunhas vías de Burela. Así o advertira no seu día o grupo municipal nacionalista no pleno extraordinario no que se tratou este asunto. Desde as filas nacionalistas criticaron ao Goberno Municipal do PSOE pola falta de información e a ausencia de diálogo coas partes afectadas nas obras realizadas recentemente nalgunhas zonas de Burela. “O mínimo que deberían facer desde o equipo de goberno é informar previamente das modificacións que se van levar a cabo na sinaléctica horizontal, nomeadamente cando estes cambios supoñen a supresión de zonas habilitadas para o transporte comercial ou mesmo a eliminación de pasos de peóns”, manifestou o portavoz municipal do BNG, Mario Pillado.
Desde o BNG lamentan que non se teñan en conta as demandas dos comerciantes afectados e que non se ofrezan alternativas por parte do Goberno Municipal. “Entendemos que en determinados tramos é complicado habilitar zonas de carga e descarga sen entorpecer a circulación, mais o que se trata neste caso é de consensuar solucións intermedias e non adoptar medidas de forma unilateral, como fixo neste caso o Sr. Llano”, dixo o portavoz nacionalista.
O Goberno Municipal do PSOE pretende maquillar a ausencia dun plan integral de mobilidade e mellora viaria co asfaltado dalgunhas rúas de Burela.
Para o BNG, as actuacións acometidas nalgúns tramos son insuficientes, pois non supoñen un plan de actuación integral para os viais do noso concello, quedando excluídas moitas rúas e beirarrúas de Burela que precisan melloras importantes. “A nosa vila precisa un acondicionamento serio e ben planificado, no que a seguridade viaria e peonil sexan unha prioridade e no que se teña en conta a todos os barrios do concello, sen discriminar a unhas zonas en detrimento doutras”, afirmou Mario Pillado. O portavoz nacionalista dixo que “aínda está por ver como se vai concretar a peonalización anunciada polo Sr. Llano, até agora só temos algún anuncio que máis semella unha operación de marketing que unha proposta seria e rigorosa”. Para o BNG, todas estas medidas deben concretarse nun plan integral de mobilidade, que contemple a articulación de espazos urbanos pensados para as persoas e que fagan de Burela unha vila máis humanizada e máis segura para os veciños e veciñas.





















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



