Burela 14-5-17.O Pescados Rubén Burela FS pecha a xornada 27 en Vista Alegre con mal sabor de boca vendo escapar o encontro no último suspiro, a falta de 19 segundos para a bucina final, fronte ao sólido UA Alicante (0-1). “O marcador puido caer de calquera parte. Competimos moi ben, fronte a un rival con moita intensidade que hoxe demostrou por qué ocupa a segunda praza; estivemos en todo momento no partido. Na primeira parte, dispuxemos de menos ocasións porque o UA Alacante saíu apertando moito e non puidemos elaborar o noso xogo nalgunhas fases. Tras o descanso, xeramos máis, quizais tamén influíu en cansazo do rival; o xogo de pivote con Dany tamén nos axudou a que o equipo saíse moito mellor” analizaba así o encontro o técnico laranxa, Iván Cao ‘Lucas’.
As mariñás tivéronse que aplicar a fondo en defensa ante un UA Alicante moi incisivo cun gran traballo de Jozi, baixo paus. As mellores ocasións das laranxas protagonizáronas Shio, no minuto 6, nunha tentativa que se foi desinflando ata caer nas mans de Jennifer, e Dany, nun pase longo de Jozi que non conseguiu sorprender á meta levantina (minuto 14).
As de Lucas e Julio Delgado deron un pase adiante na segunda parte. A tentativa alacantina que se estrelou contra o pau a tan só 27 segundos do reinicio non freou as mariñás, que conseguiron ir comendo terreo ás visitantes para chegar con máis perigo á meta de Jennifer. Antes de chegar á medianía, Dany e Cilene foron o tormento burelista para a rede alacantina; Claudia, no seu debut, tamén dispuxo dunha boísima ocasión no 35 fronte á portería visitante. Cando todo facía presaxiar que o electrónico non se movería, Ángela regaloulle os tres puntos á UA, a pase Mónica. Restaban 19 segundos. Pescados Rubén reaccionou con xogo de cinco, con Shio; sobre a bucina a punto estivo de subir o empate.
A peor noticia para as mariñás foi a lesión de Bea Mateos, obrigada a retirarse da pista na recta final por unha lesión no xeonllo.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Bea Matos, Cilene, Shiori, cinco inicial; tamén xogaron Lara, Sofía, Judith, Claudia
UA Alicante FSF: Jennifer, Paola, Lara, Ángela, María de los Ángeles, cinco inicial; tamén xogaron Paula, Lorena, Ana, Elena, Mónica, Andrea
Goles: 0-1, minuto 40, Ángela
Árbitros: Vilas Martínez // Pérez Rodríguez (Santiago). Amarela a Mª de los Ángeles, por UA Alicante
Incidencias: Partido correspondente á xornada 27 da Primeira División. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela, 500 espectadores. A Bomboneira rendeu homenaxe ao equipo xuvenil, campión de liga 2016-17; cada xogador recibiu un recordo do título de mans de presidente, Manuel Blanco. Antes do asubío inicial, houbo un minuto de silencio en memoria de Priscila, a irmá da ex xogadora do Pescados Rubén Gaby Vila Real Macedo.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
