Santiago de Compostela, 9 de maio , 2017. Trala comparecencia da conselleira do Mar, Rosa Quintana para informar do impacto do Brexit, a deputada do BNG e portavoz de pesca, Montse Prado criticou que a conselleira non anunciara as previsións e peso político ao que está disposto a exercer o Goberno galego para que “Galiza conte con voz nos foros onde se toman as decisións”.
A deputada aludiu ás negociacións co Reino Unido ás que sumou as dos 27 países da UE onde a día de hoxe, e ante a Unión europea, dixo, “Galiza sempre saíu perdendo” e as consecuencias do Brexit, afirmou, terán maior ou menor incidencia negativa para a nosa flota segundo o resultado das negociacións.
A parlamentaria preguntou á titular de Pesca se o goberno galego comprometíase a defender a pesca galega coa mesma intensidade que empregará o Reino Unido para defender a súa e lembrou que foi precisamente a flota do Reino Unido a que máis reclamou o Brexit ao considerar que a política pesqueira da Unión europea non defendía os seus intereses.
Prado recalcou que resulta “absurdo” que a estas alturas sigamos pedindo ao Estado español que sexa sensible para defender a flota galega nas negociacións con Europa, “hai que facer labores de sensibilización cos comisarios e comisarias e dentro da U.E” polo que preguntou a Quintana en que consisten exactamente eses labores porque no BNG temos grande preocupación sobre os actores que defenderán a pesca galega ante o Reino Unido. “A Unión europea é responsable da desfeita do sector, de medidas para desguace de barcos e perdida de forza de Galiza no mar” e será precisamente esa Unión europea a que nos defenda, ironizou.
Dende a integración na U.E no ano 76 o sector do mar galego pasou de ser a primeira potencia pesqueira e hoxe é Dinamarca. Isto, dixo, non é por casualidade, é “froito de decisións políticas”. No ano 1973 coa entrada de Gran Bretaña, Irlanda e Dinamarca significou unha nova política na pesca comunitaria e en 1981 Gran Bretaña e Francia derrogaron a liberdade de pesca en augas comunitarias, decisión que foi aceptada polo Estado español. Neste sentido, engadiu que este novo marco supuña que máis da metade das descargas dos barcos galegos debían facerse en portos do Reino Unido e non en portos españois. “Un marco que establece estados de primeira, de segundo e despois nacións sen estado como é o caso de Galiza”.
A nacionalista tamén se referiu tamén ao principio de estabilidade relativa establecido no ano 1983 que contemplaba os dereitos históricos o que significa,explicou que mentres outros Estados cun peso menor en pesca conten co 40% de cota e o Estado español cun o 7%.
Montse Prado censurou que a política pesqueira europea non defenda os intereses dos países comunitarios polo que incidiu en que Galiza debe contar cun goberno “valente” para defender o sector do mar, un sector do que viven 120.000 persoas de forma directa e indirecta e nun país con 2.700.000 habitantes e cun volume de negocio que representa a “segunda actividade económica en Galiza”.
A parlamentaria rematou a súa intervención salientando que Galiza ocupa o segundo posto do mundo no sector da conserva, a primeira na Unión Europea e no Estado español alcanza o 87% da produción. “Toda esta potencialidade contrasta coa falta de defensa política dos intereses do mar”.

















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



