Foz, 30 de agosto de 2017. O Concello de Foz fai unha valoración moi positiva da celebración do IV Festival de Música Bal y Gay que rematou onte. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, destaca a colaboración do Concello con este evento e anima á Xunta de Galicia e á Deputación de Lugo a apoiar este festival na vindeira edición.
Javier Jorge Castiñeira lembra que “no día de onte rematou o IV Festival Bal y Gay, que organiza a Asociación de Veciños de Nois coa colaboración do Concello de Foz, coa final do I Concurso Internacional de Clarinetes no que resultou gañador o xoven Ángel Martín Mora. Tivemos unha sesión extraordinaria na Sala Bahía, que estaba ateigada e na que os participantes tiveron o apoio da orquestra que se fixo especialmente para o festival”.
O rexedor focense salienta: “quedamos todos entusiasmados polo grandísimo nivel dos finalistas, dos participantes, e sobre todo pola magnifica estrutura e organización que tivo este festival. Non só o concurso, que foi un éxito de participación de clarinetistas de toda España e de todo o mundo, pois hai que ter en conta que houbo clarinetistas de Xapón, Estados Unidos, Portugal e Centroeuropa, senón tamén a multitude de actos que levou o festival con música de moitísima calidade por sitios especiais, como poden ser a Casa da Cultura Manuel María, a Basílica de San Martiño de Mondoñedo ou o Pazo de Fontao; e, por suposto, tamén polo curso de clarinete, que é a base orixinal deste festival”.
Javier Castiñeira subliña que “este festival tivo un altísimo nivel con moitísimos participantes e grandísimos profesores de talla mundial, como Vicente Alberola e os seus compañeiros; tamén o xurado tiña un altísimo nivel. Estamos a falar dun evento que eu creo que pode ser un dos grandísimos actos culturais que se fan na provincia de Lugo, sobre todo dedicado á música, neste caso de clarinete”.
O alcalde de Foz considera que “hai que seguir apoiando á organización, porque é un traballo incrible, particularmente da familia Baixeras, tanto de Enrique como da súa filla Alba, polo excelente labor de coordinación que fixeron”.
Castiñeira engade que “o Concello está encantando de colaborar con esta organización para que se puidera facer este evento e quero animar ás outras dúas administracións, tanto á Xunta como a Deputación, que non o fixeron. Eu creo que deben apoiar festivais deste tipo, igual que apoian outros. Esta é unha chamada á cultura e á música de calidade e eu creo que debemos estar as tres administracións. Esperemos que para o ano tanto Deputación como Xunta se impliquen con este festival da forma xusta que deben, porque creo que merece a pena e os resultados están aí neste ano”.
O rexedor municipal focense insiste en “felicitar aos organizadores e o balance non pode ser doutra maneira que altamente positivo”.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



