Burela, 30 de agosto de 2017. O Concello iniciará os traballos de limpeza na zona portuaria onde se vai construír a nova EDAR para realizar o primeiro estudo topográfico. O alcalde, Alfredo Llano, reuniuse hoxe con responsables técnicos de Augas de Galicia que visitaron os terreos. Actualmente o proxecto está en fase de redacción e no 2018 podería ser licitada a obra, que se prolongará por un tempo mínimo duns dous anos. Mentres a nova EDAR non entra en funcionamento realizaranse obras de mellora na depuradora actual.
O rexedor burelés declarou que “hoxe tivemos a visita esperada dos responsables técnicos de Augas de Galicia e estivemos vendo todo o relativo á nova EDAR de Burela. Estivéronos contando cómo ía de avanzado o proxecto, cómo hai que ubicar as diferentes seccións na localización que temos preparada no porto, que son pouco máis de 3.000 metros cadrados. É unha obra moi esixente porque ten que coller nese espazo e están tratando de mirar a mellor tecnoloxía a aplicar, e un sistema de mantemento suficiente para Burela. Hai que ter en conta que se está proxectando unha EDAR que vai dar cobertura aproximadamente a 15.000 habitantes”. Alfredo Llano dixo “que no encontro que mantivemos esta mañá aportamos os datos que solicitaron sobre consumo de auga en lugares singulares como o hospital, o porto ou o polígono industrial”. Na xuntanza estiveron Juan Álvarez De Gabriel, xefe de sección do departamento de obras de Augas de Galicia, acompañado doutro técnico dese ente, a arquitecta do Concello burelés, o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, e o rexedor.
O alcalde subliñou que “hai moita obra que facer, hai que meter os separativos de pluviais e residuais, hai que facer obra para minimizar ao máximo as crecidas de auga que van parar ao porto, e un sistema de trituración e outras ferramentas que fan falla. É unha obra que agora mesmo están a proxectar, supoñen que van rematar este ano, e durante o ano que ven pasaría a ser licitada, se é posible”.
Alfredo Llano engadiu que “unha vez que se poñan á obra vai levar o seu tempo porque ten unha complexidade extraordinaria e hai que facer traballos no porto, para o que temos que buscar a mellor fórmula. É unha obra moi necesaria e polo tanto mentres non se dea construído imos tratar de mellorar a depuradora que hai agora. Imos colocar unha nova trituradora e buscar un sistema para que unha vez que entre en carga se minimicen os efectos, e imos procurar durante este tempo de obra da nova EDAR ter a antiga ben preparada. Imos facer unha serie de obras complementarias, por un lado as separativas de pluviais e residuais, e o emisario posiblemente haberá que movelo pola nova ubicación”.
O rexedor comentou que “todo no seu conxunto vai requirir un traballo extraordinario e a obra efectiva tamén vai levar o seu tempo porque non é nada fácil traballar na zona portuaria. Hoxe foi a primeira visita e quedamos en que o Concello fará unha limpeza da zona para facilitar o primeiro estudo topográfico, e despois mirar tamén o estudo xeotécnico. Hai que ir pouco a pouco con esta obra que é tan necesaria para Burela”.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



