Burela 2-9-17. O derbi provincial entre Prone Lugo e Pescados Rubén Burela finalizou con empate a tres grazas ao gol in extremis marcado por Óscar. O conxunto burelao comezou o partido con boas sensacións e marcando por mediación de Colacha, minuto 2. O 0-1 espabilou ao Prone e o partido entrou nunha dinámica sen control. Ambos equipos empregábanse con enerxía pero sen a pausa precisa para xerar mellores situacións de gol. O xogo transcorría con accións rápidas pero imprecisas. No tramo final o partido acougouse e o Pescados Rubén gozou dalgunha oportunidade para aumentar a súa renda pero foi o Prone Lugo o que alcanzou o empate ao transformar Javaloy un dobrepenalti.
Na segunda parte a escuadra dirixida por Juanma logrou ordenar o seu xogo e levar a iniciativa ofensiva ante un conxunto local que esperaba armado en media pista en busca dun contragolpe. Precisamente cunha rápida transición o Pescados Rubén sorprendeu aos locais para situar o 1-2 ao executar Renato un man a man que acabou nas redes locais. Nesta fase do choque os mariñaos gozaron dos seus mellores momentos de xogo pero o Prone devolveu a moeda do contragolpe para empatar (2-2) por mediación de Abel, minuto 28. Os burelistas mantiveron a calma e, pouco despois, lograron o 2-3 marcado por Luisma.
Sen demasiado perigo en ambas porterías chegouse ao tramo final e o Pescados Rubén apostou polo xogo de cinco que lle xerou un par de ocasións para sentenciar o partido pero que se escaparon por pouco. No último suspiro, sete décimas para o final, o Prone empatou o partido tras un saque de banda que tras rebotar nos xogadores laranxas acabou selando o 3-3 final.
Ficha técnica
Prone Lugo: Sergio Vea, Javaloy, Bargueño, Abel, Luís Carlos -cinco inicial- Óscar Igrexas, Pablo, Nazareno, Manuel, Adrián, Samuel.
Pescados Rubén Burela: Álex, Hélder, Luisma, Chus, Colacha -cinco inicial- Víctor, Cora, Renato, Pope, Mini, Kelson, Pitero
Goles: 0-1, m.2, Colacha; 1-1,m.18, Javaloy; 1-2, m.23, Renato; 2-2, m.28, Abel; 2-3, m.30, Luisma; 3-3 m.40, Óscar.
Árbitros: Pablo Fernández, Adrián Figueroa. Colexio lucense.
Incidencia: Partido amistoso disputado no pabellón Municipal de Lugo. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Beto, ex xogador do Peixes Rubén Burela.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
