Lugo 26-10-17. A Fundación TIC da Deputación de Lugo elaborará traballos audiovisuais para contribuír á difusión das actividades que desenvolve a Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta (Asoporcel) na recuperación, conservación e fomento desta raza autóctona. O patrón da TIC e Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e o presidente de Asoporcel, José Barreira Alonso, asinaron este xoves un convenio de colaboración que tamén prevé a formación práctica de bolseiros da Escola de Imaxe e Son da TIC coa realización destes vídeos.
Álvaro Santos destacou o labor que está a desenvolver Asoporcel desde que naceu hai case vinte anos. “En 1999, a raza de porco celta estaba case desaparecida. Grazas ao encomiable traballo desta asociación, o censo no número de exemplares foi recuperándose. Pero aínda queda moito treito por andar para que deixe de considerarse como unha raza en perigo de extinción. Por iso, desde a TIC, queremos achegar a nosa colaboración para dar a maior difusión posible a este labor”.
Riqueza económica e prevención de lumes forestais
O patrón da TIC dixo que “o traballo de Asoporcel non só vai encamiñado á preservación do patrimonio xenético dunha das nosas razas autóctonas. A recuperación do porco celta crea riqueza económica e fixa poboación no rural. Pero tamén hai algo moi importante que quero destacar: a súa crianza ao aire libre contribúe á prevención de lumes forestais, un tema de triste actualidade en Galicia”. De feito, pola súa rusticidade e extremidades longas e musculadas adaptadas para a marcha, esta raza porcina é moi axeitada para a explotación en sistemas extensivos ao aire libre.
100% Raza Autóctona Celta
A Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta naceu en 1999 como entidade sen ánimo de lucro. Dende entón, traballa nos obxectivos que se fixou nese momento: a integración de todos os criadores para representar, defender e promocionar os seus intereses económicos, sociais, culturais e profesionais; o control xenealóxico dos animais desta raza; a promoción, difusión e divulgación do porco celta entre os distintos públicos; e a realización de estudos para definir criterios zootécnicos.
Asoporcel foi recoñecida polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para o emprego do logotipo 100% Raza Autóctona Celta, a primeira raza porcina española acreditada para a utilización deste distintivo de calidade. Este logotipo é un selo oficial que garante aos consumidores a orixe dos produtos que adquiren baixo esta denominación, así como a súa pureza e cría artesanal.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



