Lugo, 19 de outubro de 2017. A Deputada de Promoción Económica e Social, Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, xunto á Vicepresidenta da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Jovita Fernández, e ao representante da Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU), Alberto Mejuto, presentaron este xoves o Festival Galego de Cultura Xorda.
Trátase dunha iniciativa que dende hai 5 anos promove a FAXPG e que, por 1ª vez, acolle Lugo grazas á colaboración que Deputación e Concello lucense prestan a ASORLU. Terá lugar este sábado, 21 de outubro, no auditorio Gustavo Freire, na capital da provincia. Prevese a asistencia de 300 persoas de toda a comunidade. Participarán artistas das distintas asociacións galegas de dita Federación. Haberá exposicións de pintura, teatro, certames de poesía, curtametraxes, monólogos….O seu obxectivo é recoñecer e pór en valor o traballo que realizan as persoas xordas no eido cultural, amosando que non hai barreiras.
“Silencioso e con moito que dicir”
“Será un festival silencioso aínda que con moito que dicir, co que colaboramos os Gobernos da Deputación e do Concello de Lugo dentro da nosa aposta compartida pola igualdade de oportunidades e a integración social. Baixo esta premisa, ambas as dúas administracións colaboramos con ASORLU cunha achega de preto de 30.000 euros que fan posible, máis alá da organización deste tipo de eventos, a contratación de intérpretes para que as preto de 3.000 persoas xordas da nosa provincia participen de forma activa na vida social. Creo que este festival é unha mostra moi visible de que, se sumamos esforzos, podemos romper barreiras”, destacou López Izquierdo.
Programa
O V Festival Galego de Cultura Xorda que organizan a Asociación de Personas Sordas de Lugo (ASORLU) e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), coa colaboración da Deputación e do Concello de Lugo, contará cunha exposición permanente de artistas xordos de toda Galicia. Ao longo da xornada participarán integrantes de distintas asociacións de todo o territorio galego en diferentes disciplinas: Asociación de Sordos de Vigo (ASV), Asociación de Personas Sordas de Ourense (APSOU), Asociación de Personas Sordas de A Coruña (ASPESOR), Asociación de Persoas Xordas de Ferrol (AXF), Asociación de Personas Sordas de Santiago de Compostela (APSSC), Asociación Persoas Xordas de Pontevedra (APXP).
A programación é a seguinte:
11:00 horas.- Apertura e inauguración do festival.
11:30 horas.- Poesía. Complicidad, de María José Cruz e La Primavera Besaba. Antonio Machado, de Emilia Rodríguez.
12:20 horas.- Presentación do pintor Hipólito Xeada.
12:30 horas.- Monólogo Modo de sonrisa: ON, do artista Chifli.
13:00 horas.- Teatro. Representarase a obra La otra historia de caperucita roja por parte de actores e actrices de AXF.
13:45 horas.- Cortometraje. Sordas de Génesis Lence.
16:00 horas.- Presentación do pintor Pedro Quiñoa.
16:10 horas.- Mimo. Manuel de la Horta con el espectáculo Triste y Contento, y Carlos López con Los cambios.
16:45 horas.- Teatro. A compañía Manos K Ríen representará Cine Mudo. Baile Galego Tradicional por parte de APPSC. Santi Pose e Ignacio Fuente representarán First Dates Deaf.
17:45 horas.- Teatro. La compañía Manos K Ríen representará La gabardina.
18:20 horas.- Ana Senra interpretará a canción A nosa terra.
18:50 horas.- Presentación da pintora Fina Eiros.
19:00 horas.- Teatro. A compañía K Ríen representará Recuerdos.
19:15 horas.- Experiencia persoal. Una visión motera del mundo por parte do austríaco Marko Istvan.
20:15 horas.- Clausura.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



