Viveiro 18-10-17. A cadea hosteleira Galipizza ofrece os seus locais de Culleredo, Viveiro, Ribadeo e Vigo como puntos de recollida para que a xente polida enviar medicamentos e alimentos para os animais afectados pola ola de incendios no sur de Galicia.
Todo o material recadado levarase semanalmente ao Centro Veterinario Equino Casal do Río (Meis) e á Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos (Ponteareas), centros nos que tamén se pode entregar directamente este material.
Estes son os recursos que máis se necesitan actualmente:
•Material sanitario (vendas, gasas, suero, betadine, agullas, xeringas…)
•Medicación (antiinflamatorios, antibióticos, blastoestimulina…)
•Alimentación (latas e pienso para cans, gatos, roedores, paxaros, cabalos…)
•Mantas, empapadores…
•Colirios
•Analxésicos
•Corticoides
•Pomadas antisépticas
•Silvederma
•Medicación inhalatoria
Para esta e outras campañas similares estase pidindo máxima difusión nas redes sociais, xa que é agora cando máis se necesita a axuda en favor da fauna afectada polos incendios.