Cervo, 18 de outubro de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Patrimonio, Alfredo Fernández, acompañados do Presidente da Asociación Cultural Airiños do Xunco, Rafael Blas, visitaron o edificio que albergaba a antiga escola unitaria, coñecido como Escolas Vellas de Cervo, e hoxe convertido nun dos centros culturais desta parroquia.
Alí explicáronlle a unha representación dos membros deste colectivo que o “Concello vai acometer nos vindeiros meses uns importantes traballos de rehabilitación, que contarán dun orzamento de case 120.000 euros; procedentes dos fondos do Plan único da Deputación Provincial, que lle corresponden a este Concello”.
Trátase dun edificio de planta rectangular, cunha superficie de 270 m2, e tal e como explicou Villares a actuación a realizar comprenderá “a substitución da estrutura de cuberta, instalando novos canlóns e baixantes para evitar filtracións de auga, ademais farase un saneamento exterior e interior para evitar humidades e mellorarase o illamento térmico e acústico.
Tamén se substituirán, así mesmo, as carpinterías exteriores, por novas portas e ventás de PVC e incorporaranse dous baños (a día de hoxe este servizo está no exterior), un deles adaptado, cumprindo coa normativa de accesibilidade, e tamén se actuará na parte exterior do edificio, para facelo así mesmo, máis accesible.
Segundo sinalou o rexedor “o que pretendemos con esta actuación é mellorar un edificio senlleiro de Cervo, facéndoo máis confortable e operativo, ao tempo que, ao incidir no illamento térmico e acústico, tamén conseguimos unha maior eficiencia enerxética”.
“O obxectivo último é polo tanto brindar aos veciños de Cervo unhas instalacións melloradas, ao tempo que poñemos en valor un edificio histórico do noso Concello, que este mesmo ano cumpre 100 anos, e que foi doado no seu día por unha familia de cervenses, que emigraron a América. Unhas instalacións que están vivas grazas a actividade que nelas desevolve na actualidade a AC Airiños do Xunco, froito dun convenio de cesión asinado co Concello”.
Este equipo de Goberno decidiu pois achegar unha parte importante do presuposto do Plan Único á mellora neste caso dun edificio municipal, con moita actividade, que cumpre unha función que entendemos que é fundamental para os nosos veciños e veciñas.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



