Lugo, 25 de outubro de 2017. O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, xunto ao Alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado; ao Presidente da Asociación de avicultores da Raza Galiña de Mos (AVIMOS), Francisco José Monasterio; e ao representante da Asociación de Veciños de San Xiao, José Silvosa, presentaron este mércores, diante do consistorio, a Expodegustación da Galiña de Mos. Trátase da cita gastronómica que organiza o Concello de Castro de Rei, coa colaboración do Executivo Provincial, AVIMOS, Leitigal e a Asociación de Veciños de San Xiao de Mos, e que terá lugar o vindeiro 29 de outubro na parroquia de San Xiao de Mos. O Goberno converte á Deputación no principal patrocinador deste evento cunha achega económica de 4.000 euros, dentro da súa aposta por impulsar o turismo agroalimentario e promocionar os produtos autóctonos, enmarcado no Plan Estratéxico de Turismo da provincia de Lugo.
Rodríguez Ónega subliñou que “con esta cita gastronómica poñemos en valor e damos a coñecer un produto da nosa provincia cunha calidade e unhas potencialidades extraordinarias, como son as Galiñas de Mos. Dende o Executivo Provincial colaboramos con este tipo de iniciativas co obxectivo de promocionar as nosas especies autóctonas ao tempo que impulsamos o turismo e a economía deste Concello da Terra Chá, pois se prevé a participación de preto de 1.000 persoas para a xornada deste domingo.”
A Expodegustación da Galiña de Mos comezará coa VI Exposición e Concurso Comarcal da raza Galiña de Mos, na que participarán 12 criadores da Comarca da Terra Chá con 40 exemplares. Contará con expertos veterinarios que valorarán e premiarán aos mellores galos e galiñas. A partir das 13:00 horas, ofrecerase un menú para xantar, cun prezo de 8 euros, no que os asistentes poderán degustar a galiña de Mos, pataca asada e ovo frito, así como queixo, pan e bebida. Ao longo da xornada haberá unha exposición de artesanía e maquinaria agrícola, na que participarán 12 artesáns da provincia que amosarán ao público distintos oficios tradicionais como xoiería, cantería, tornaría ou forxa, así como stands con produtos da zona como pan, queixos, empanadas ou chourizos, entre outros. Ademais, ofreceranse xogos infantís e tradicionais para todas as idades. Para rematar o encontro, terá lugar unha actuación musical a cargo do dúo La Ola.
Galiña de Mos
A Galiña de Mos, tamén coñecida como Raza Mos, é galega. É unha das razas de galiñas da Península Ibérica máis antigas. Pese a que nas últimas décadas estivo ao borde da extinción, na actualidade, pódese desfrutar da beleza e da calidade das máis de 6.000 galiñas. A Galiña de Mos é a única raza autóctona española con este tipo de crista, denominada tecnicamente en chícharo e caracterizada por ser pequena e ter tres filas de papilas e puntos. Os exemplares son moi duros e adáptanse perfectamente ás condicións climatolóxicas máis extremas. Destacan polo seu bo rendemento en partes nobres, menos graxa e maior valor nutricional da carne.
Programación
O horario das actividades da Expodegustación da Galiña de Mos, coa que colabora o Goberno da Deputación é:
Ás 10:30 horas.- VI Exposición e Concurso Comarcal da Raza Galiña de Mos.
Ás 13:00 horas.- Degustación dos manxares da Galiña de Mos.
A partir das 15:30 horas.- Xogos populares coa Asociación Cadaval.
Ás 16:00 horas.- Actuación do dúo La Ola.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



