Burela, 20 de outubro de 2017. O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña amosa a súa decepción despois de asistir esta mañá en Ferrol a unha xuntanza para abordar o futuro do tren que circula pola costa. Alfredo Llano subliñou que “non asistiron nin os alcaldes do PP da zona de Ferrol, Ortegal e A Mariña nin representantes políticos da Xunta de Galicia”. Só estiveron nese encontro presentes técnicos de Renfe, un técnico de Infraestruturas da administración galega e alcaldes dos municipios polos que pasa esta liña. Da Mariña acudiron Ribadeo, Viveiro e Burela. Agora vaise constituír unha comisión de traballo que se reunirá o vindeiro 31 de outubro.
O presidente da Mancomunidade manifestou que “levei unha decepción en dous aspectos fundamentais. Un deles que non houbo practicamente compromiso ningún de mellorar, apoiar e facer a liña de tren como un servizo público de calidade e que se aposte por el definitivamente dunha forma concreta e clara. Esa é a primeira decepción”.
Alfredo Llano engadiu que “si que se falou de que se ía pintar algunha máquina, de que se ía colocar algunha máquina de chocolatinas nos trens. Falouse tamén de que van substituír aos revisores dos trens por un sistema de autoventa, de tarxetas monedeiro, etc. Total que son medidas para disimular un pouco de aplicar algunha tecnoloxía nos trens, pero o que é o compromiso de levar tren de calidade, con certa cadencia e que realmente serva como servizo público de viaxeiros, iso non o arrancamos hoxe”.
O presidente da Mancomunidade salientou que “outra cousa que me chamou a atención é que non houbo nin un só alcalde do PP da Mariña, nin de Ortigal nin de Ferrol. Fomos todos os outros, pero eles fixeron mutis polo foro. Soamente enviaron da Xunta un técnico que non pode responsabilizarse de temas políticos nin de compromisos. Estivemos opinando cada un do que queríamos para a nosa comarca, tanto para Ferrolterra como para Ortigueira e para A Mariña, pero compromisos nada”.
Alfredo Llano declarou que “o único compromiso que se sacou en firme, que é o que imos aplicar é a creación dunha comisión de traballo da que imos formar parte da Mariña, o alcalde de Ribadeo, o tenente de alcalde de Viveiro e eu como presidente da Mancomunidade. A próxima reunión terá lugar o día 31 deste mes. Imos seguir traballando duro en defender ese transporte que nos parece moi importante para o desenvolvemento global da nosa comarca. Insistiremos pero a primeira opinión que teño que dar foi dunha decepción porque de aí saímos todos sen que existira o máis mínimo compromiso de mellorar substancialmente o tren que agora mesmo xa se ve como está sendo ese servizo”.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



