Ferrol, 20 de outubro.- Logo de 18 meses denunciando intensamente a situación de abandono do servizo de transporte ferroviario da liña Ferrol a Ribadeo, que vertebra o norte galego e presta servizo aproximadamente a un 10% da poboación galega, os doce alcaldes e tenentes de alcalde abaixo asinantes, en representación da veciñanza das comarcas de Ferrol, Ortegal e A Mariña, acudimos na mañá deste venres 20 a convocatoria de Renfe no edificio administrativo da Xunta de Galicia na Praza de España.
Con este comunicado, queremos manifestar a fonda decepción polo inconcreto resultado da xuntanza, a nosa sorpresa e o malestar polo que consideramos unha falla absoluta de respecto institucional por parte do Goberno galego e a confirmación da despreocupación de Renfe e A Xunta de Galicia por estas comarcas e o seu trasporte público.
Á xuntanza, e pese a estar convocados por Renfe, non acudíu a conselleira de Infraestruturas do Goberno galego, nin tampouco ningún rexedor dos municipios afectados gobernados polo Partido Popular, xa que a marxe de siglas, o deterioro do servizo tamén lles afecta aos seus veciños. “É unha falla de respecto institucional absoluto a un problema tan grave co grao de deterioro que presenta a liña Ferrol-Ribadeo, e mesmo recoñecido por eles desde o inicio”, manifestaba ao remate, Beatriz Bascoy, alcaldesa de Moeche, que facía as veces de voceira ao manifestar a decepción.
“Sentímonos defraudados e entendemos que se nos está a tomar o pelo”, declarou. A reunión de hoxe fora convocada a resultas doutra xuntanza que tivo lugar o 8 de maio logo de que os propios rexedores se presentaran na Consellería de Infraestruturas da Xunta para forzar a convocatoria coa súa titular, Ethel Vázquez, que non daba resposta as peticións de xuntanza do colectivo. Non obstante, a conselleira tampouco tivo a ben asistir hoxe a xuntanza que fora convocada por Renfe.
“O que nos presentaron hoxe foi contarnos o que se leva feito desde o mes de xuño, nun plan de actuación do ancho métrico que, entre outras cousas, fala da renovación de asentos, do pintado da estación e da colocación de máquinas”, explicaba Bascoy. Os rexedores consideran que iso estaría moi ben se as máquinas funcionasen, pero non funcionan. Cómpre lembrar que esta semana entraron en taller tres máquinas desta liña. Por moito que adecúen horarios, se os trens fallan non facemos nada”, resumía.
Na xuntanza deste venres acordouse crear unha necesaria omisión técnica de traballo integrada polo alcalde de Burela, Alfredo Llano García, pola Alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy e pola concelleira de Infraestruturas e Mobilidade de Ferrol, María Fernández Lemos.
Poderemos avanzar en detalles de horarios e ampliación de percorridos,ben necesarios, mais o problema de fondo é que se Renfe e o Goberno galego non cren nesta parte do territorio, non facemos nada e o tempo transcorrido sen avanzar así o indica”, lamentan os rexedores.
“Isto contrasta coa presenza a comezos deste mesmo mes de outubro do ministro de Fomento en Asturias, acompañando á conselleira, e ofertando 275 millóns de € para a mellora do servizo de cercanías de Asturias
Os rexedores demandan da Xunta de Galicia que non se comporte como un goberno ausente e que se faga respectar no Estado cunha aposta decidida polo transporte público e ferroviario que lle corresponde ao Norte de Galicia no século XXI. Non somos dez ou doce persoas, representamos ao 10% da poboación galega que merecen un tren , un transporte público ferroviario, a altura e non o teñen nin remotamente.
Concellos de Ferrol, Narón, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Ortigueira, Cariño, Valdoviño, Cedeira, Ribadeo, Burela e Viveiro






















O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.



