Lugo, 20 de outubro de 2017. A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, fixo unha avaliación dos orzamentos da Xunta de Galicia para Lugo. Rodil sinalou que “sen afondar no contido de todo o documento vese que Lugo é un dos territorios peor tratados polo goberno da Xunta, Feijoo segue castigando á provincia” e sinalou, referíndose aos 843.651 € destinados ao arranxo da LU-124, “resulta curioso que a única obra que se vai executar na súa totalidade no ano 2018 é unha estrada no concello que goberna Elena Candia, presidenta provincial do PP”.
A vicevoceira do BNG no Parlamento Galego dixo, tamén, que “a pesares de que a propaganda do PP falará das bondades destes orzamentos para Lugo, a verdade é que unha grande partida, de 8,2 millóns de euros, se concentra nun proxecto cuestionado como é o de drons de Rozas” e engadiu “pero vemos como Lugo é, a pesares da dispersión e envellecemento da poboación, a provincia que menos fondos recibe para investimentos nos centros de saúde, onde recibirá o 3,61 % do total fronte ao 53,68 % que levará Pontevedra”.
A respecto dos investimentos para o concello de Lugo, a Parlamentaria do BNG sinalou que “non hai partidas para o Cuartel de San Fernando que seguirá pechado tal e como acordaran o PP e o PSOE”. A respeito do Plan Paradai, outra das obras pendentes na cidade de Lugo, o proxecto de Orzamentos contempla 450 mil euros –igual que en 2016 e 2017 “uns cartos insuficientes para rematar os traballos pendentes no enlace da Serra de Meira, As Gandaras e os aparcadoiros da Praza Conde Fontao e que moito me temo que non chegarán a executarse como aconteceu na pasada lexislatura, tamén por acordo do PP e o PSOE”.
Rodil aclarou os anuncios de recuperación do edificio da Residencia quedarán nun engano máis de Feijoo xa que unicamente aparece unha partida de 200.00 € “claramente insuficiente” e “outro dos enganos de Feijoo é o de destinar 250.000 € para a conversión en autovía do corredor Lugo – Sarria que seguirá como está durante moitos anos”. Tampouco hai partidas específicas para continuar coa rehabilitación do barrio da Tinería. Tampouco se orzamentan as partidas necesarias para finalizar á entrada do Porto Seco de Monforte nin o corredor da Mariña entre San Cibrao e Ferrol.
Olalla Rodil fixo unha comparación das distitntas lexislaturas entre 2009 e 2018 e a débeda que multiplicouse nun 300% desde que goberna Feijóo. Rodil lembrou que “Núñez Feijóo fixo bandeira no seu discurso de investidura e que afecta de maneira notábel ás comarcas de Lugo é MEDIO RURAL que malia incrementarse no proxecto de Orzamentos para 2018 nunha cifra próxima ao 2 % perde case 17 puntos a respeito de 2009”.



















Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.



