Barreiros, 28 de marzo de 2018. No Pleno celebrado o pasado luns día 26 no concello de Barreiros, o BNG solicitou á alcaldía que se posicione do lado d@s xubilad@s e pensionistas que están a sufrir una vez mais os recortes do PP nas súas devaluadas pensións. A portavoz nacionalista Ana Ermida fixo fincapé tamén no elevado número de xubilad@s e pensionistas na poboación de Barreiros, polo que instou a Alfonso Fuente a solidarizarse co colectivo barreirense de xubilados e pensionistas, que todos os xoves se concentran na praza do concello demandando pensións públicas dignas e con poder adquisitivo. Según manifestou Ermida, a resposta dada polo alcalde foi darlle unha vez mais as costas aos seus veciños e veciñas, pois a súa única aportación foi recordarnos as palabras de Rajoy: se se aproban os orzamentos do Estado, miraremos de subir as pensións.
As reformas laborais dos anos 2010, 2011 e 2012 promovidas por gobernos do PSOE e do PP foron un grave ataque ao sistema público de pensións.
Na súa intervención, a portavoz municipal do BNG tamén recordou as reformas laborais promovidas, durante os anos 2010, 2011 e 2012, por gobernos do PSOE e PP, respectivamente, con diferentes niveis no seu contido e importancia, e que afondaron na liña neoliberal, atrasando a idade de xubilación aos 67 anos, ampliando a 25 o número de anos para calcular a base reguladora, atrasando a idade de acceso á xubilación anticipada, dificultando o acceso ao subsidio de desemprego establecendo límites económicos de miseria para ter dereito ao mesmo e atrasando a idade de acceso dos 52 aos 55. En definitiva, medidas todas orientadas a dificultar o acceso e reducir a contía das prestacións do sistema público de protección social, ao tempo que se fomenta a súa privatización.
O BNG manifesta o seu apoio ao colectivo de xubilad@s e pensionistas de Barreiros
O BNG mostra o seu apoio ao colectivo de xubilad@s e pensionistas de Barreiros e ás concentracións que realizan todos os xoves na praza do concello e que tamén terá lugar este xoves día 29 para reivindicar pensións dignas e con poder adquisitivo, dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, actualización anual das pensións en base ao IPC, derrogación das reformas laborais e a aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos.





















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



