Lourenzá, 28 de marzo de 2018.-O PP de Lourenzá denuncia que os Orzamentos aprobados polo equipo de goberno, “en solitario e co voto de calidade da alcaldesa”, non recollen ningún dos puntos que os socialistas incluían no seu programa electoral; “máis ben, indican, a día de hoxe, están todos no aire”. Tal é así que, “a primeira farsa do goberno do PSOE”, pode observarse no primeiro punto do documento, no que prometían que os presupostos ían ser participativos, sendo os cidadáns os que marcarían as prioridades do goberno. Neste caso, “non só non estamos ante uns presupostos participativos, senón que tamén, segundo apuntan os populares, fan caso omiso das reivindicacións dos veciños e veciñas”. Refírense con isto dende o PP a estradas intransitables, saneamentos sen conectar, camiños de monte desfeitos, madeiristas que andan as súas anchas, franxas de protección de vivendas e núcleos sen desbrozar, rúas sen limpar, farolas sen repoñer, contedores soterrados estropeados e con mal olor, etc.
Tampouco aparecen recollidas nas contas ningunha medida económica “que presuma ver que só van a pagar o lixo as vivendas habitadas”, a pesares de que esta foi a gran promesa que o PSOE fixo casa por casa durante as municipais. Esta circunstancia é a que leva aos edís do PP a concluír que, “previsiblemente acabarán o seu mandato incumpríndoa, ao igual que incumpren a eliminación do soldo do tenente alcalde que segue recollido nos orzamentos para 2018 e que inclusive fixo mella no equipo de goberno”, afirman.
Nada para servizos sociais e o emprego
Outros dos aspectos que o PSOE non inclúe nos Orzamentos, son as melloras para o funcionamento centro de día que proxectaban, con cafetería aberta para todos e programación de actividades para todas as idades. En materia de servizos sociais, tamén lamentan que incumprisen a promesa de revisar e ampliar o servizo de axuda a domicilio, impulsando a instalación e consecución de axudas para a mellora do nivel de vida das persoas dependentes. Concretamente, o único a destacar nesta materia é a partida de 47.000 € asignada a unha empresa privada para que realice estes traballos. “Esta é a esencia dos socialistas de Lourenzá, incrementar a privatización”, critican.
Dende o PP tamén lamentan que os socialistas non inclúan nas contas deste ano axudas que permitan conciliar a vida familiar e a vida laboral ou para fixar poboación; unha cuestión que aos populares non lles sorprende, se se ten en conta que o PSOE desmantelou un servizo esencial para as familias xoves, como é o punto de atención á infancia. Concretamente, advirten, “foron os dirixentes locais os que recortaron o servizo un 25 % mantendo os mesmos gastos”.
Enlazado con isto, e nunha situación semellante, atópase o plan de emprego municipal. “As contas deste ano e, por terceiro ano consecutivo, non recollen ningún plan, máis aló de contratar persoal a través dos distintos programas da Xunta e da Deputación”; de aí que “boten en falla un cadro de persoal estable que dea coberturas ás necesidades do concello, e por suposto, un cuadro de persoal do Concello que dea cobertura as necesidades de axuda no fogar sen necesidade de esternalizar un traballo que lle supón as arcas municipais preto de 50.000 €”.
Nada para simplificación administrativa e novas tecnoloxías
Sobre a simplificación de trámites administrativos, os populares destacan que “todo segue igual tres anos despois”. A este respecto, no Pleno celebrado voltaron a preguntarlle á alcaldesa cantas licenzas hai a día de hoxe sen resolver, pois aínda están agardando unha resposta ás peticións realizadas polo PP, incluso por escrito, sobre este asunto. Os populares demandaron unha maior precisión do goberno a este respecto porque, a xulgar polas actas das Comisións de Goberno, “algo falla cando se dá unha licenza de obra e unha licenza de apertura para o mesmo inmoble o mesmo día. Estráñanos moito que o promotor a solicitara na mesma data”, matizan.
En canto á implantación de novas tecnoloxías ao servizo dos cidadáns, non existe nin unha soa medida que os dirixentes locais puxeron en marcha máis aló da sede electrónica. Tal é así que, “algo tan básico e rudimentario como o Facebook oficial do Concello fixérono desaparecer, máis seguen pagándolle a empresa que o actualizaba”. No caso da app que subvencionou a Deputación de Lugo e deixou o Partido Popular funcionando para comunicarse co Concello, “esta non voltou a funcionar dende o día que tomaron posesión”.
Nada para estradas
Tamén se bota en falla no documento orzamentario o Plan de Mellora da Rede Viaria Municipal que dende o PSOE proxectaban facer, e co que evitarían arranxar unha estrada dous anos seguidos; é dicir ,“asfaltar sobre asfaltado como fixeron en Santo Tomé e, mentras tanto, ter outras vías intransitables por mor dos baches, ademais de ter os camiños forestais desfeitos; o 90 % dos maderistas non poñen fianza nin se está a solicitar por parte do Concello o arranxo destas pistas; o que conleva a un despilfarro de diñeiro público en favor dun único sector. Levan tres anos gobernando e siguen instaurados na deixadez sen facer nada por solucionalo. Tampouco deixan ningunha partida cando vemos aparcadoiros como o do Xuncal que serve de almacenamento de biomasa. Teñen o concello manga por hombro e con estes presupostos non vemos nada novo”, remarcan.
Nada para investimentos e turismo
No capítulo de inversión tampouco existe ningunha partida adicada á mellora e dinamización da ruta do colesterol, nin tampouco para a reestructuración do Campo da Gracia que aparecía no programa electoral.
Asemade, a promoción turística “é un corta e pega dos presupostos do ano pasado”, limitándose a catro actuacións: pagar ao Obispado por ensinar o Museo de Arte Sacro e a Igrexa (convenio que xa lle quedou redactado e, que a día de hoxe, ten unha cobertura moito menor que cando o PSOE chegou ao goberno); subvención para sinalizar as capelas dos concellos, xa solicitada o ano pasado; a celebración da Festa da Faba (iniciativa que partiu do PP); e, finalmente, o pago duns folletos turísticos “que xa están feitos cun rueiro desactualizado e mal impreso”.
Persoal
Precisamente, no tocante ao persoal e analizando os distintos programas, os populares observan “desigualdade salarial entre os distintos traballadores, de tal xeito que a fenda salarial non é descriminatoria só para a muller, senón tamén entre as distintas mulleres comparando distintos programas”. Deste modo, “desprezando as cotas sociais e persoal temporal das distintas subvencións”, os edís do PP alertan de que en 2017 houbo 29 empregados que supuxeron un custo de 489.500 € ao Concello. Tendo estes datos en conta, a media que cobra un empregado municipal é de 17.000 € ao ano. “Fíxense vostedes, o abano de salarios anuais vai dos 10.000 € ata os 40.000 € ao ano, é dicir, un 135 % máis da media. E isto xusto Sra. Alcaldesa? É isto equitativo?”, pregúntanse.
A este respecto, consideran que a solución pasa por facer unha RPT municipal que, por certo, xa está iniciada dende o ano 2009, e unha parte importante dos traballadores levan anos demandando, pero os socialistas, lonxe de amosar unha vontade política para facela, manteñen as mesmas desigualdades, potenciadas nalgúns dos casos sen facer nada por mudalas. Neste senso, a única diferenza, sinalan os populares, “é un incremento de salarios do 1,5 % en relación ao ano pasado para todos os empregados”.
Por todo elo, consideran que a alcaldesa “está de corpo presente cos veciños de Lourenzá, pero estes xa saben fai moito tempo que ela non está con eles; non só se alonxou deles, con toda humildadeo dicimos, senón que tamén se alonxou dos seus principios e da súa boa vontade”, sentencian.



















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



