Alfoz, 24 de agosto de 2018. A obra teatral ‘O palco e as lúas’ do autor e director Manuel Lourenzo será representada na quinta edición do Teatro no Castelo, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de agosto ás 21.00 horas nas inmediacios do Castelo do Castrodouro en Alfoz.
O Clube Teatral Elsinor será o encargado da representación na que actuarán Manuel Lourenzo, Cristina Fuentes, Margot R. Alvarade, Carme Martinez, Xosé Martínez, Xulia Miguel e Xabier Esteller.
SOBRE O DIRECTOR
Manuel Lourenzo, nado en Ferreira do Valadouro, é actor, dramaturgo, director teatral, tradutor e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.
Manuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio. Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, xunto con Francisco Pillado, o Grupo de Teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación Cultural O Facho e que marca o inicio do Teatro Independente Galego. En 1967, funda o Grupo de Teatro Circo (1967-1976), o cal é de vital importancia dentro da Historia do Teatro Galego. En 1978 funda con Francisco Pillado a Escola Dramática Galeg, e codirixe con este autor os Cadernos da Escola Dramática Galega.
En 1979 publica, igualmente en coautoría con Pillado Mayor, a monografía O Teatro Galego, libro pioneiro e aínda de referencia hoxe en día dentro do ámbito do estudo da dramática.
Por outra parte, en 1980 crea a Compañía Teatral Luís Seoane e, en 1981, recibe con Pillado un premio outorgado pola Aula de Teatro da Universidade de Compostela, a raíz dun traballo sobre o teatro de Luís Seoane. Tamén en 1981, e tamén con Francisco Pillado Mayor, funda a editorial Castrodouro.
No ano 1990, crea o Clube de Teatro Elsinor, en 1995 saca á luz (tamén con Pillado Mayor) a colección Cadernos de Teatro.
En 1997 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática, por Veladas indecentes.
No ano 1998, xunto con Santiago Fernández, crea a escola teatral Casahamlet, a cal rexenta actualmente.
No 2007 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 2017 foi recoñecido como Profesor Honoris Causa pola ESAD de Galicia.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



