Ollo, pode que de forma natural as eleccións Galegas coincidan coas municipais e europeas de 2019. Os acontecementos da política estatal en relación coa extraordinaria capacidade formativa de Casado e a súa facilidade de intelecto para acurtar no tempo o que ó común dos humáns lle leva moitos anos, a súa tan potenciada formación académica, pode acabar nunha sorte de dominó que leve ó PP a ter que mirar cara un líder que consideran solvente, un Presidente chamado Feijoo. Nesa hipotética solución o “compromiso” de Feijoo con Galicia pode resolverse con unha convocatoria electoral para colocar o seu delfín en Galicia e librarse da súa propia conxura.
Se o pensamos ben, foi unha xogada mestra do presidente do PP de Galicia. Casado xa fixo o traballo ó que Feijoo tiña medo, eliminar a Soraya. Ten o camiño libre para aterrar en Madrid, comento aterrar porque en Ave aínda non se pode ir. Unha chamada popular das bases a un líder para organizar o partido, iso xa pasou no PP aínda que con dedazo, quen non lembra: “nin tutelas, nin tú tías”
Ó PP de Galicia esta opción pode resultar incluso tentadora, o seu músculo electoral municipal pode beneficiar ó herdeiro do rapaz dos Peares para asentarse, pola mobilización de voto local do que é aínda capaz o PP en Galicia, beneficiando a calquera opción de relevo.
De todos xeitos vai resultar un caso insólito, no caso de que se produza unha investigación do Supremo sobre Casado que obrigue ó PP a mover fichas o sustituto dun político marcado vai ser un señor que sacou fotos con un dos capos máis significativos do narcotráfico, que cousas ten a vida. Mellor dito que cousas ten o PP.
Claro está que esta é unha hipótese, pero pode pasar, e cómpre neste senso estar atentos a esta oportunidade, a fisura que as primarias e o congreso do PP deixou na organización popular galega está presente. Ourense vai por libre e medio Lugo está nun sector que o aparato non controla, pode o Supremo causar grandes problemas. Está é unha oportunidade para asentar unha alternativa fiable en Galicia, cuxo obxecto non sexa botar o PP senón traballar polo país que compartimos. Este posible paso do PP, a descomposición do proxecto En Marea, que resultou ser unha sorte de xogo de tronos de mediocres políticos e a falla de líder forte no PSOE galego que non ten nada de influenza en Ferraz. Pon coma opción a unha forza galeguista que pense no progreso de todos sen deixar a ninguén no camiño.
Piñeiro Do campo
Sº Xeral de CxG.

















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



