Burela 16-8-18. Un dos grandes baluartes do Pescados Rubén Burela FS, Eduardo Saavedra Cebreiro, volverá capitanear a nave laranxa nunha tempada que se presenta con emoción e sobre todo con ambición: “Estou orgulloso de seguir defendendo esta camiseta e de poder axudar a Burela a volver a Primeira División, que é o obxectivo de todos. As sensacións son boas; tanto polas as referencias que tiñamos das incorporacións coma pola base importante do ano pasado. Con este equipo podemos ser ambiciosos; temos equipo para estar arriba e incluso ser campións” explicaba o naronés, acompañado polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Rodríguez.
“Estamos ás ordes de Juanma para traballar e chegar nas mellores condicións posibles ao comezo de tempada”, explicaba o 1 burelista, na súa undécima pretempada na Mariña, antes do primeiro test, esta tarde no concello asturiano da Veiga: “O equipo ten moitas ganas de empezar despois de dúas semanas de traballo. Afrontamos a cita como unha aprendizaxe tanto por parte dos novos, de asimilación de esquemas de Juanma en estratexia e xogo, coma dos que xa somos veteranos en Burela, para afianzar o traballo. Será un torneo bonito coa motivación de Boal, por ser o anfitrión, e O Parrulo, que sendo un equipo de Primeira División nos porá as cousas difíciles”.
Debut en Vista Alegre, Torneo Burela Bonita
Edu tamén ten marcado no calendario, como no podía ser doutro xeito, a presentación no mausoleo laranxa, co III Torneo Burela Bonita (31 de agosto e 1 de setembro): “Vai ser unha proba bastante boa. Palma Futsal vai ser un equipo dos de arriba de Primeira, Noia reforzouse ben e Santiago fala por si mesmo, coa súa filosofía. Vai ser un torneo bonito e animo a xente a que nos veña acompañar na nosa presentación en Vista Alegre”, concluía Edu, un dos grandes ídolos da Bancada Laranxa.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
