Lugo, 16 de agosto de 2018. As auditorías internas que se efectúan dende a Deputación para manter o distintivo da Certificación Medioambiental das praias da Mariña de Lugo, remataron este xoves en Burela, tras percorrer as costas dos Concellos de Ribadeo, Foz, e Viveiro ao longo do mes de agosto. As probas, que se celebraron coincidindo co remate da tempada de baño, consistiron en analizar o estado das augas e dos areais das praias dos Concellos de Foz, Viveiro, Ribadeo e Burela e teñen como obxectivo revisar o grao de cumprimento dos requisitos establecidos na lexislación para a obtención da Certificación Medioambiental ISO 14.001, unha certificación que garante unha correcta xestión ambiental que minimiza o impacto nas praias, e na que o organismo provincial inviste 17.768 euros, dos que 10.781 euros son para consultoría e asesoría e 6.897 euros, para a fase de certificación.
O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, destacou que “a certificación medioambiental é un distintivo que vai máis alá da bandeira azul, que se rexe por leis da Unión Europea, co que logramos praias de auténtica calidade ao garantir o cumprimento de regulamento máis exixente e prestixioso da Unión Europea, o EMAS. A ISO 14.001 que implanta a Deputación acredita a mellora constante das praias, xa que se rexe pola normativa comunitaria medioambiental máis estrita. A diferenza da Q de Calidade, que atende ás demandas dos turistas que marcan as empresas, a Certificación Medioambiental atenderá ademais ás leis medioambientais dos expertos da Unión Europea. Esta certificación converte as praias da Mariña nun referente de calidade turística do noroeste peninsular, competindo co Mediterráneo”.
A Deputación puxo en marcha o proxecto da certificación medioambiental en 2009, nun esforzo por garantir que as praias mariñanas foran un referente de calidade en España. O compromiso do Executivo provincial con este distintivo enmárcase dentro da aposta do organismo provincial polo medio ambiente como unha oportunidade económica para os Municipios da Mariña. Por este motivo o organismo provincial forma aos Concellos na lexislación europea que rexe esta certificación das praias, EMAS (Regulamento Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría), que é o regulamento máis estrito en materia medioambiental, que recoñece aquelas institucións que teñan implantado un sistema de xestión medioambiental e que teñan adquirido un compromiso de mellora continua, verificado mediante auditorías independentes.
Así, con este apoio, o organismo provincial establece tres obxectivos: a xestión das praias como un verdadeiro servizo público, lograr unha tarxeta de presentación da provincia de Lugo que marque diferenzas; e facilitar o acceso a futuros fondos europeos, grazas ao cumprimento das normas comunitarias.
Beneficios
O recoñecemento das praias da Mariña con este distintivo medioambiental leva consigo tres tipos de beneficios directos para os Concellos. En primeiro lugar, achega un beneficio ambiental, xa que o selo implica a incorporación de melloras continuas nos areais. A certificación supón a aplicación de actuacións que contribúan a optimizar a limpeza e a xestión de residuos das praias.
A certificación ofrece tamén un beneficio de imaxe, dada a promoción que leva consigo a certificación. As praias con este certificado, concedido segundo a normativa EMAS, figura nun rexistro oficial de administración autonómica ao que teñen acceso a cidadanía en xeral e os operadores turísticos. Abre as portas á participación en feiras e salóns turísticos, e permítelles aos municipios distinguidos diferenciarse da competencia neste tipo de certames, mellorando a súa posición social e a súa visibilización entre o público.
En terceiro lugar, a Certificación Medioambiental leva consigo un beneficio económico. Coa optimización da recollida de residuos, as entidades locais acabarán reducindo custes e tamén o risco de recibir sancións por irregularidades medioambientais.
Primeira fase
Durante a primeira fase, que se prolongará ata finais de agosto, as auditorías revisarán e verificarán se as praias cumpren cos requisitos para manter o distintivo. Os técnicos dos Concellos reuniranse este venres no CENIMA de Foz para unha posta en común do seguemento da situación das praias.
Os técnicos terán en conta os seguintes aspectos: A xestión de residuos realizada polos Concellos; Os servizos dos que dispoñen os usuarios/as; A documentación do equipamento e máis o persoal ao servizo dos usuarios/as; Asesoramento aos Concellos para facer as melloras e/ou modificacións necesarias para lograr unhas praias 100% sostibles.
Para o cumprimento deste último punto, a Deputación Provincial ten elaborado un proxecto medioambiental consensuado coa demarcación de Costas, cuxas liñas de actuación están delimitadas pola EMAS, para garantir a certificación medioambiental.
As auditorías terán como función facer un estudo a fondo os sistemas de organización, planificación e execución do Concello con respecto ao coidado das praias, para ver se cómpre modificar esa organización para axeitarse aos requisitos que o EMAS impón.
Os técnicos responsables destas auditorías farán unha diagnose medioambiental coa revisión dalgúns aspectos básicos, como comprobar en que medida os Concellos están ao tanto da lexislación e cal é o grao de cumprimento; avaliar os efectos medioambientais para establecer de que forma afecta ao medio ambiente as actividades realizadas nos Concellos e o impacto producido nas praias e nos arredores; ou examinar os procesos existentes de xestión medioambiental nos Concellos que teñan como obxectivo manter unhas prácticas respectuosas co medio ambiente.
Segunda fase
Unha vez rematada a primeira fase, actualizaranse os datos recadados sobre residuos, vertidos, entre outros, e fixarase unha reunión en cada Concello para elaborar o informe previo de Declaración Ambiental.
Entre os meses de outubro e novembro, realizarase unha nova auditoría de seguemento coa Asociación Española de Normalización (Aenor), para verificar a certificación da declaración ambiental EMAS. No prazo dun mes enviarase, se fora preciso, aos técnicos municipais dos 4 Concellos da Mariña un plan de accións correctivas, para o seu envío á entidade de certificación. Unha vez verificado o plan de accións por parte de Aenor, a confirmación da renovación dos sistemas de xestión ambiental daríase a coñecer aos Concellos a finais deste ano.























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



