Mondoñedo, 16 de agosto de 2018.- O Concello de Mondoñedo, a través da delegación de Turismo, da inicio a unha campaña para a súa promoción e posicionamento como fin de etapa do Camiño Norte de Santiago entre 346 asociacións do Camiño de distintos países do mundo.
Esta iniciativa do Goberno local permitirá achegar información sobre os puntos de interese e os recursos dispoñibles para os peregrinos a través de correos electrónicos a todas as asociacións do Camiño de países coma Portugal, Francia, Italia, República Checa, Austria, Polonia, Lituania ou aos Estados Unidos que se recollen no directorio do Plan Xacobeo: http://www.caminodesantiago.gal/es/descubre/asociaciones-del-camino/directorio-de-asociaciones.
A rexedora local, Elena Candia, indica que “a campaña, ademais de dar puntual información de servicios destinados aos peregrinos, inclúe a posibilidade de convidalos a ver outros recursos da cidade”.
O departamento de turismo do Concello achega información gráfica especialmente dirixida aos peregrinos sobre o Centro de Interpretación do Camiño Norte, o Real Seminario Conciliar de Santa Catalina, o albergue municipal, a Catedral Basílica da Asunción, o Museo Catedralicio, o Palacio Episcopal ou o pazo de San Isidro; ademais doutra información útil de aloxamento e outros servizos.
Non falta información para poñer en valor outros aspectos de interese da cidade coma as casas vitais de Pascual Veiga e Leiras Pulpeiro, o trazado da antiga muralla medieval, a alameda e o santuario dos Remedios, o museo do mago Merlín, a Fonte Vella, o barrio dos Muíños e a súa actividade artesá ou as festas que se celebran ao longo do ano en Mondoñedo: As San Lucas, os Remedios, As Quendas, o Mercado Medieval e a Rapa das Bestas.
As visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo ou á Catedral de Mondoñedo son outras das propostas achegadas ás asociacións, xunto á información sobre unha ruta literaria ou os convites para a degustación da Tarta de Mondoñedo e de produtos da horta mindoniense. Igualmente, esta iniciativa inclúe o sorteo de aloxamento en establecementos hostaleiros do municipio.
Elena Candia destaca, polo tanto, que “Mondoñedo é historia, Camiño, patrimonio, festa, artesanía e natureza”.
Entrevistas persoais coas asociacións asturianas
O Goberno local tamén está a xestionar reunións con representantes das asociacións do Principado de Asturias para achegarlles persoalmente toda esta información útil para os peregrinos, así como calquera relacionada coa promoción turística de Mondoñedo.
Posicionamento de Mondoñedo como final de etapa
O posicionamento de Mondoñedo como final de etapa do Camiño Norte de Santiago é un dos obxectivos do Goberno local que está a promocionar tamén o municipio noutros eidos coma, por exemplo, entre o sector hostaleiro da comarca da Mariña.
Neste caso, o Concello continua a achegar os recursos do municipio a través dunha acción dirixida especificamente aos peregrinos en liña coa iniciativa presentada o pasado mes de novembro no II Fórum do Camiño de Santiago ‘Fairway’.
A alcaldesa popular avanza tamén que “o Concello ten prevista a posta en marcha de máis campañas neste sentido”.























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



