Ribadeo, 23 de agosto de 2018. O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito positivo a limpeza de treitos dos ríos Lexoso e Arante anunciada hoxe pola Xunta de Galicia e reclama actuacións para previr inundacións como as que se teñen producido hai varios anos. O rexedor lembra que o Concello enviou varias escritos á administración autonómica, sen que ata o día de hoxe se teñan atendido.
Suárez Barcia dixo: “desde o Concello valoramos positivamente a limpeza de treitos dos ríos Lexoso e Arante por parte da Xunta, pero lembramos a demanda desoída desde hai anos para previr as inundacións que se teñen producido en Ribadeo hai varios anos, especialmente nas parroquias da costa como Ove, Vilaframil ou A Devesa, sen que a Xunta de Galicia atendese as demandas do Concello efectuadas desde hai anos”.
O alcalde valora isto, pero teme que “só sexa unha cativa actuación mais enfocada ao período preelectoral no que se atopa todo o aparello político-mediático da Xunta e non unha actuación profunda e necesaria para atallar dunha vez por todas os perigos aos que nos temos enfrontados nestes últimos anos cando houbo fortes choivas, como así o testemuñan os escritos que temos enviado á Xunta de Galicia sen que ata o día de hoxe tiveran unha mínima atención por ela”.
Fernando Suárez lembrou que “só desde o Concello tivemos que adoptar medidas a través da execución de importantes obras que por competencia non nos correspondían como as levadas a cabo no barrio da Madanela (Vilaframil), ou en Dompiñor (Piñeira)”.
O rexedor engadiu: “confiamos logo que agora a Xunta se poña as pilas, e actúe con dilixencia nos regatos do Concello (ao ser estes da súa competencia) a pesares que hai varios anos que están advertidos”.
























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



