Barreiros, 23 de agosto de 2018. O Concello colabora coa organización das festas de San Bartolo, que se celebran do 22 ao 24 de agosto en San Cosme de Barreiros e nas que por primeira o programa dos festexos ten unha duración de catro días. As tres primeiras xornadas festivas celébranse na zona da praia de Altar e o sábado as actividades terán lugar na praza do Concello. Ese día, o 25 de agosto, será a gran cea popular diante do Concello na que os organizadores esperan reunir unhas 400 persoas. Os tíckets poden adquirirse ao prezo de 18 euros. As festas de San Bartolo daban comezo onte cunha sardiñada e verbena, e seguirán hoxe con sesión vermú e verbena. Mañá, festivo local, haberá misa, procesión e tamén verbena.
O presidente da comisión organizadora dos festexos, Jesús Palmeiro, explicou que “este mediodía actúa el Arco da Vella, luego hay la sesión vermú y por la noche hay dos orquestas. Mañana hay otras dos orquestas, además de dos misas, una a las doce y otra a la una, y luego hay una procesión en la que se tira un ramo de flores al mar, como siempre”.
Palmeiro subliñou que “lo importante es que este año hay un día más de fiestas, el sábado, y habrá una cena popular. Es la primera vez que se hacen cuatro días, tres abajo en la zona de la playa y una arriba. Nunca se hicieron tantos días, siempre se hacían los tres días 22, 23 y 24. Pero este año hacemos los días 22, 23 y 24 abajo, y el día 25 arriba”.
E engadiu que “en la cena popular del sábado, que será en la praza do Concello a las nueve y media de la noche, pensamos que puede haber unas 400 personas. La gente está animada y me están llamando muchas personas interesándose por este evento. El precio de la comida es 18 euros y el menú será empanada, jamón asado, churrasco, chorizo, tarta de Santiago y café. Además más tarde haremos una queimada”. Palmeiro lembrou que “ayer empezamos las fiestas celebrando la sardiñada popular en la que participaron sobre 500 personas y tuvimos también verbena”.
O programa de mañá, 24 de agosto, inclúe ás 13:00 horas a celebración da misa solemne e procesión, e ás 14:00 horas a sesión vermú a cargo de orquestra Versalles. A verbena estará amenizada tamén pola Orquesta Versalles e o grupo Ciclón. As festas de San Bartolo, en San Cosme de Barreiros, rematarán o sábado, 25 de agosto, cunha gran cea popular diante do Concello, seguida de verbena co grupo La Bamba.
Estas festas están organizadas polo Celta Barreiros, co que colabora o Concello barreirense. Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Alfonso Fuente Parga, e o concelleiro José Manuel Gómez Puente.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



