Mondoñedo, 22 de agosto de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda rematou os traballos de ampliación da calzada e de extensión do novo aglomerado na estrada LU-124 entre Lindín e A Cruz da Cancela, un proxecto no que inviste 1.800.000 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, comprobou hoxe a marcha das obras, executadas ao 85 por cento e que estarán listas no mes de outubro, de non producirse incidencias, acorde co calendario marcado inicialmente.
Na visita participaron tamén os alcaldes de Mondoñedo, Elena Candia; Riotorto, Clemente Iglesias, e da Pontenova, Darío Campos, entre outros. Os traballos desenvolvéronse entre os puntos quilométricos 8+200 (enlace coa autovía) e 15+240 (glorieta existente na intersección coa LU-122, limítrofe co Concello de Riotorto) e consistiron no ensanche da estrada, ata acadar os 6,5 metros, e na rehabilitación do firme e instalación de elementos de seguridade. Neste momento resta executar melloras nas cunetas, balizamento e defensas así como a sinalización horizontal e vertical.
Un terceiro proxecto en marcha
Balseiro subliñou que a Xunta vai completar a mellora integral da estrada LU-124, que conecta os concellos de Mondoñedo, Riotorto e A Pontenova ademais de dar acceso á autovía A-8 a estes municipios e ao da Pastoriza.
Así explicou que entre as obras xa executadas, estas actuacións en marcha e as previstas no futuro, falamos dun investimento que supera os 3 millóns de euros.
De feito, as obras entre Lindín e A Cruz da Cancela avanzan en paralelo coa tramitación doutro contrato para o tramo entre Riotorto e Vilameá, xa licitado e que está en fase de adxudicación, e ao que se destinan 604.000 euros.
“Ambas actuacións -afirmou o delegado- veñen a sumarse á mellora executada no ano 2015 no treito entre Mondoñedo e Lindín, cun investimento de 770.000 euros, de forma que o firme quedará renovado na práctica totalidade do percorrido”.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



