Santiago, 13 de agosto de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra ven que poñer en coñecemento da Comisión Europea (CE) a situación que se está a vivir no Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, no concello lucense de Barreiros, onde a pesar de ser unha zona protexida, se está a utilizar ese espazo como aparcamento de vehículos. Senra rexistrou este luns en Bruxelas un escrito dirixido á CE no que amosa a súa preocupación por esta situación e polo deterioro que poida estar a sofrer o xacemento castrexo sen que as Administracións galegas fagan nada. Por iso, e tendo en conta que este 2018 se está a celebrar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, a europarlamentaria decidiu denunciar estes feitos ante a CE.
Senra explica no seu escrito que este antigo poboado fortificado da idade do ferro está incluído no catálogo urbanístico municipal como espazo protexido e a súa cualificación é de solo non urbanizable de protección patrimonial. Así mesmo, informálle á Comisión Europea de que as entidades Mariña Patrimonio e Adega denuncian que o uso que se lle está dando non é compatible con estas figuras de protección e que a utilización deste espazo como aparcadoiro podería estar provocando danos nun ben patrimonial especialmente vulnerable. “Parece obvio que permitir aparcar autocaravanas enriba dun ben patrimonial, como o xacemento arqueolóxico do Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, contravén claramente as prácticas de protección do patrimonio cultural europeo”, defende a eurodeputada.
Senra pregúntalle á Comisión Europea que recomendacións fai para frear a constante deterioración do noso patrimonio e se podería actuar ou sancionar ás Administracións que non cumpran cos parámetros de protección, como é este caso. A Comisión Europea deberá dar unha resposta nun prazo de entre 4 e 6 semanas.



















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



