Lugo, 23 de agostou de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, supervisaron este mércores os traballos de mellora da LU-P-4402, que vai da estrada de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña, a Muiñonovo, na que se están a executar obras de renovación do firme nun treito de 5,6 quilómetros, dende o punto 3,4 ata o 7,3 en Riotorto, e do punto 1,7 ao 3,4 na Pastoriza.
Onte mesmo, Campos Conde, e o Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias supervisaron as obras de mellora no treito da estrada que transcorre por este Concello. Ademais, aproveitaron para coñecer de primeira man o estado da estrada LU-P-1106, ao seu por Xemil, onde o elevado volume de tráfico, debido aos traballos dunha canteira situada neste núcleo, provocaron un importante deterioro do firme.
Nesta mesma estrada, que vai de Castro de Rei, por Reigosa, á estrada de Bretoña a Lindín, o Executivo Provincial vai a executar traballos nun treito de 1,7 quilómetros, dende o punto 13 ata o 16,9. En total, o Goberno da Deputación destina preto de 265.000 euros, para o arranxo da LU-P-4402 e a LU-P-1106.
Campos Conde avanzou que “tras finalizar a limpeza de cunetas, esta mesma semana comezarán os traballos de rehabilitación do firme, empregando aglomerado en quente, e dotando as estradas dun novo pavimento. Unha vez renovada a capa de rodaxe, procederase ao pintado da vía e, polo tanto, á renovación da sinalización horizontal e vertical, mellorando ao mesmo tempo a seguridade vial”.
O Presidente engadiu que “son dúas estradas fundamentais para os veciños desta Comarca, non en vano a LU-P-4402 une os Concellos da Pastoriza e Riotorto, mentres que a LU-P-1106 conecta algunha das parroquias máis importantes da Pastoriza como son as de Bretoña, Reigosa, Úbeda, Vián e o Lugar de Xemil. Con estas obras buscamos mellorar as comunicacións e a calidade de vida dos máis de 4.000 veciños e veciñas destes Concellos que empregan a diario as estradas para os seus desprazamentos, dentro da nosa aposta por unha Deputación social, rural e coas persoas”.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



