Mondoñedo, 9 de agosto de 2018.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presentou hoxe a XXVII edición do Mercado Medieval acompañada do director da Escola de Música Municipal, Xan Carballal, e do concelleiro de Xuventude, Alberto García, en Santiago de Compostela. A rexedora destaca a incorporación de novos contidos, así como unha maior presenza nesta edición de autores locais coma Souto Xímaro, Gaita Escola, Mondrum e a colaboración da Escola de Música, dos voluntarios e de O Pasatempo.
A cita, declarada o ano pasado Festa de Interese Turístico Galego, desenvolverase entre o venres 10 e o domingo 12 de agosto cunha ampla programación que recolle animación de rúa, música, actividades de recreación histórica, demostracións e obradoiros para todas as idades, degustacións e venda de produtos da terra. Serán un total de 150 os postos que, engalanados para a ocasión ao xeito da Idade Media, enchan as rúas da cidade que agarda celebrar máis de 70 actividades ao longo da fin de semana.
A alcaldesa mindoniense agradeceu durante a presentación a colaboración das asociacións coma Amigos do Mercado Medieval, Xoldra e O Pasatempo que “ano tras ano traballan desinteresadamente nesta cita”. De feito, polo seu interese e implicación será José Ramón Montenegro (Espina) o pregoeiro desta edición do Mercado Medieval.
Novidades deste ano
A integración dos veciños e colectivos do municipio nesta celebración queda demostrada coa participación dos membros da Escola de Música que estrearán un espectáculo de teatro musical o vindeiro venres 11 de agosto ás 00:00 horas no atrio do Seminario con entrada gratuíta. En total haberá preto de 50 persoas sobre o escenario para darlle vida á obra ‘O amor de Afonso Reimúndez’, elaborada por Xan Carballal sobre un texto histórico do activista cultural Xosé Peinó. Desde a Escola de Música, os seus mestres explican que se buscaba unha historia que tivera que ver coa época medieval mindoniense, unha obra recreada na vida do monarca do século XII e a súa vinculación con Mondoñedo.
Para levar a cabo esta representación de teatro e música cóntase co alumnado da Escola de Música de Mondoñedo, así como músicos doutras agrupacións de Lugo e do grupo Souto Xímaro. O elenco de actores e cantantes levan desde o mes de marzo traballando na obra, na parte vocal e na teatral.
A alcaldesa, a popular Elena Candia, agradece que a Escola de Música de Mondoñedo se involucre nesta celebración e explica que esta colaboración pretende darlle “un maior protagonismo á Escola de Música dentro dos actos do Mercado Medieval, como unha forma de ensinar o traballo que fan e de seguir reforzando o programa con novas e interesantes propostas”.
Tamén Gaita Escola, Souto Xímaro ou Mondrum se unen á celebración achegando música a esta cita medieval que contará cos títeres de Mircromina.
Elena Candia quixo lembrar que o Mercado Medieval reunía na pasada edición a uns 35.000 visitantes polo que “se erixe como un dos principais reclamos turísticos de Mondoñedo”. Por iso, dende o Concello continuamos a impulsar estas celebracións que “poñen en valor o casco histórico da cidade ao tempo que ofrecen alternativas de ocio na época estival atractivas para veciños e visitantes”.
Unha programación “medieval”
A ampla variedade de actividades programadas para este XXVII Mercado Medieval darán comezo o venres 10 ás 20:00 horas cunha batucada a cargo do Grupo Mondrum para deixar paso, ás 22:00 horas, a unha das novidades da programación deste 2018, a representación da peza de teatro musical “O amor de Afonso Reimúndez”.
De cara ás 23:00 horas está prevista a recreación da época constitucional da cidade de Mondoñedo sobre o “Rendemento de Bandeiras ao Rei Alfonso VII” nun acto simbólico en homenaxe aos amigos do Mercado Medieval.
Xa o sábado 11, os postos de artesanía abriranse ao público ás 11:00 horas; mentres que para as 11:30 horas se agarda o desfile das Compañías desde o Seminario e a saída da comitiva de autoridades para asistir ao pregón de José Ramón Montenegro (Espina), un dos habituais colaboradores da cita, que se desenvolverá ás 12:00 horas no balcón da antiga Casa Consistorial.
Artesanía Os Muíños realizará demostracións e obradoiros de serigrafía, barro, cantería e monicreques para todos os públicos, pero tamén haberá demostracións doutros artesáns da madeira, coiro, palilleiras, fiandeiras e, mesmo, de acuñación de moeda.
Esta festa non deixa de lado a parte gastronómica. Nese senso, ofrecerase unha degustación gratuíta de liscos, pan, viño e cervexa na Praza da Catedral desde as 12:00 ata as 17:00 horas. Tamén se venderán produtos típicos da terra e non faltarán as xerras conmemorativas.
Esta xornada de sábado encherase de actuacións musicais, demostracións en vivo de oficios artesáns, teatro de rúa, títeres, actividades para os máis pequenos, exhibición de cetrería, de tiro con arco ou representación de combates entre cabaleiros polas rúas do casco histórico que se completarán con obradoiros de adestramento e vestimenta no campamento medieval.
Un dos puntos fortes do Mercado Medieval mindoniense chegará ás 20:00 horas co Gran Torneo Medieval que se desenvolverá no campo de fútbol do Seminario da man de especialistas da Hípica Celta acompañados da música en vivo de Himnodium. Outra das actividades con maior asistencia de público será a cea medieval popular que se desenvolverá na Praza da Catedral a partir das 21:30 horas e que nos últimos anos superou o medio milleiro de comensais. A programación da xornada rematará con música e unha queimada popular.
O domingo 12 continuarán abertos os postos do mercado dende as 11:00 horas e, a partir desa hora, volverán ás rúas os espectáculos de música e animación aos que hai que engadir a representación dunha voda medieval polo rito mozárabe ás 13:30 horas na Fonte Vella.
Igualmente, pola tarde, continuarán as actividades con ruadas e outros espectáculos de rúa coma a “Captura do Mercenario”, unha nova exhibición de cetrería ou as actividades que se desenvolverán no campamento medieval ou na praza da Catedral que volverá a ser escenario dun Gran Torneo Medieval ás 20:00 horas. Unha actuación musical na Praza da Catedral, ás 21:00 horas, e o espectáculo “Fire Performans”, ás 22:00 horas, pecharán este vixésimo sétimo Mercado Medieval.
E, coma nas últimas edicións, os máis novos tamén teñen o seu espazo nesta celebración. Así, ademais de manter aberto o campamento medieval o sábado e o domingo, o Goberno local volve apostar polo recuncho infantil con actividades específicas para nenos e nenas.























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



