Burela 5-2-19. O Sr. Llano e a súa candidatura tiveron un importante respaldo electoral, que lles outorgou unha maioría absoluta para poder facer os eu programa, todo correcto. Dúas medidas estrela do programa era remunipalizar o servizo de auga e a recollida de lixo. Hoxe sabemos que era MENTIRA.
O certo é que os socialistas de Burela aumentaron os contratos privatizados en un, o dos edificios públicos. Por riba o Tribunal de Contratación de Galicia ven de dicir que dous concursos de Burela non cumpran coa legalidade. Esto último é grave na xestión publica dos fondos de todos por elo dende CxG Burela pedimos o Sr. Santos que actúe no ben da transparencia e da democracia e faga dimitir ós responsables políticos de este chanchullo, o Sr. Llano e o Sr. Ramiro.
Dende CxG esiximos que non se volvan a por en riba da mesa estes contratos, por dignidade política, estamos a 109 días das eleccións e facer outro concurso sería cando menos sospeitoso. De feito en Compromiso sabemos que GESECO é unha empresa amiga, quizais por iso corre o rumor de que algún concelleiro de Burela anda recomendando a súa contratación a Concellos de Lugo?
O certo é que se o PSOE quere dar leccións de transparencia e bo goberno ten que actuar en Burela, onde o seu equipo non é quen de facer unhas bases legais de contratación, ou ó mellor era por si colaban…
EXECUTIVA LOCAL DE CxG BURELA





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



