A Mariña 12-3-19. O sábado 9 de marzo, nunha tarde de sol espléndida, a alameda dos Remedios de Mondoñedo foi paseniñamente enchéndose de palanadores listos para disputar a 9ª xornada da LNB NorLeste.
De entre a xente que se iba achegando (atraida polo desfile do antroido que estaba tamén a piques de comenzar) e dos xogadores que afinaban punteria golpeando as billardas cara o azul mentres agardaban o resultado dos sorteos, para dar comezo a xornada, foron aparecendo divertidas figuras: un simpático e moi logrado Charlie Chaplin, un bombeiro, un cirurxán, unha labrega, unha parella de mineiros…, ata unha fera. Eran os compoñentes de Troitas Bravas que viñan en plan comparsa. Ainda sin comenzar xa tiñan conseguido o primeiro posto en vestimenta. Parabéns por ese puntiño de humor. Sodes grandes.
Comenzaron as carreiras que se sucederon a bo ritmo, so interrumpidas de cando en vez por algún despistado, que se metía a cruzar polo medio das pistas de xogo sin ter en conta o perigo que corria, ainda que rapidamente e con grande estrondo era advertido e arredado do lugar polos xogadores.
Non foi unha tarde de grandes puntuacións, o adoquinado da alameda, desta volta fixo algún extrago e so oito xogadores foron quen de facer vinte ou mais puntos, destacando Cortón de Chainzos-Cadaval que tivo unha moi boa tarde e rematou gañando a xornada con vintetrés puntos. Segundo foi Chousa de Carabullo que se desfixo nun desempate de Manolo Pozo de Billardeiros Musicais.
Escasa e inusual neste terrero a colleita de Varados, so un tiro directo entre os dous postes do varal nesta xornada, que acadou Santi de Carabullo.
En donas, empate no primeiro posto entre a campioa de Billardeiros Musicais, Geni e Ana de Chainzos-Cadaval, seguidas a so un punto de Lorena tamén de Chainzos.
Por equipos, gañan os Billardeiros Musicais de Ribadeo con 81 puntos e recortan cinco con respecto os líderes Carabullo, hoxe segundos con 76 puntos e terceiros os Troitas Bravas que fixeron 75 divertidos puntos.
As clasificacións logo desta xornada quedan deste xeito:
Individual:
Daniel (Bill.Musicais) 180 p
Manu Pozo (Bill.Musicais) 177 p
Chousa (Carabullo) 176 p
Sachas (Troit.Bravas) 170 p
Regueiro (Troit.Bravas) 168 p
Donas:
Geni (Bill.Musicais) 148 p
Paula (Chain.Cadaval) 135 p
Sara (Polka Miseria) 96 p
Equipos:
Carabullo 709 p
Billardeiros Musicais 698 p
Troitas Bravas 679 p.
Varados:
Charli, Regueiro e Santi 7
Chousa, Markytos, Muriego, Pepe de Outeiro e Pepe Vidal 5
E xa de seguido temos eiquí o Día das Estrelas 2019. Este ano toca a conferencia NorLeste a organización asi que o campo de fútbol de “a min a” de A Pontenova será o lugar donde as estrelas da Billarda das tres actuais conferencias, luzan e brilen con maior esplendor. Sera o vindeiro sábado 16.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
