Burela 8-3-19. A Organización de Producores Pesqueiros de Lugo presentou esta semana á súa flota de palangre de superficie as primeiras evaluacións de posibles estratexias de xestión futuras para a pesca de tiburóns, en especial para a tintorera e o marraxo dientuso.
Estas conclusións forman parte da tese do Máster de Xestión Pesqueira Internacional que está realizando Thaya Mirinda Dinkel, alumna da Universidade de Alicante, en colaboración coa OPP Lugo a través da Confederación Española de Pesca CEPESCA.
Para este estudio de alternativas futuras de co-xestión da pesca de tiburóns contouse coa colaboración dos armadores de palangre superficie da OPP-07 para recopilar, tanto de forma individual como conxunta, as principais características destas pesquerías a través dos seus coñecementos pesqueiros.
O obxectivo das prácticas é analizar alternativas de mellora na xestión de tiburóns no Atlántico, sobre todo a tintorera (principal especie en quilos) e do marraxo dientuso (en fase de estudio por organismos internacionais da reevaluación do seu stock), analizando, desde unha perspectiva de coñecementos da pesca tradicional, distintos modelos de xestión (cuotas, esforzo), así como posibles medidas técnicas aplicables ás pesquerías (anzós, zonas de pesca, tallas mínimas), que poidan servir, sobre todo, para a zona do Atlántico Norte, que é onde opera a maioría da flota da OPP-07.
O programa de traballo incluiu reunións cos armadores, patróns de pesca, técnicos e expertos na materia, expertos da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT), científicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO) e representantes da Administración Pesqueira. Prevese que o traballo finalice durante os meses de maio e xuño.


























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



