Ribadeo, 9 de abril de 2019. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Semana Santa o mércores 17 de abril ás 21:00 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Nesta actuación estrearán seis obras e debutará un novo trompetista.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou: “chegada a Semana Santa a Banda Municipal de Música de Ribadeo non podía faltar a esta data. Como o ano anterior, faremos o concerto de Semana Santa na igrexa parroquial, ás nove da noite o mércores 17 de abril”.
David Ballester engade que “aproveitando este motivo, queremos convidar a toda a xente que estea en Ribadeo ese mércores, a achegarse ata a igrexa parroquial para disfrutar do concerto de Semana Santa”.
O director da Banda explica que “este ano serán sete obras, das cales seis serán interpretadas por primeira vez pola nosa Banda”.
Ballester salienta que “a Banda Municipal segue medrando e neste concerto fará o seu debut un novo trompetista, que está por Castropol e quixo formar parte da nosa familia da banda; entón daremos a benvida ese día a Alfredo na trompeta. É ademais un dos concertos nos que podemos aproveitar para contar con músicos que temos espallados pola xeografía nacional, como en Barcelona ou en Bilbao, que estarán con nós esa semana para poder tocar este día”.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo invita “a toda a xente a que o mércores 17 de abril ás nove da noite se achegue ata a igrexa parroquial” e agradece aos párrocos “a súa colaboración neste concerto. Así que tanto aos párrocos como aos Amigos da Semana Santa moitas grazas por contar con nós neste concerto”.


























A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



