Lugo, 18 de outubro de 2019. A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a xustificación de 9 subvencións por un valor conxunto de preto de 25.000 euros concedidas ao abeiro do Plan de Recuperación e Incorporación de Terras para a posta en Produción de Recursos Gandeiros. Con esta edición do programa, froito do compromiso da Deputación coa xeración de riqueza e emprego no rural potenciando o sector agrogandeiro, recuperaranse preto de 400 has de terras abandonadas na provincia para poñelas en produción.
A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, subliñou que este é “un programa pioneiro nunha administración pública galega, que a Deputación puxo en funcionamento no ano 2014 e co que seguimos traballando, dende esa convocatoria ata o día de hoxe os agricultores e gandeiros lucenses puxeron en produción máis 2.000 hectáreas de terreos baldíos na provincia”.
Polo demais, a Xunta de Goberno acordou desestimar a solicitude de resolución de contrato que presentou a empresa adxudicataria das obras de construción da residencia da terceira idade da Pobra do Brollón, Prado Lameiro SL. García Porto explicou que se rexeita a petición da contratista en base aos informes emitidos polos servizos técnicos provinciais, un do servizo de Arquitectura e outro xurídico elaborado polo servizo de Contratación, que conta ademais co conforme da Secretaría Xeral e da Intervención. Uns informes que determinan que non existiu unha demora inxustificada na comprobación do replanteo da obra, a causa que alega a empresa para pedir a resolución do contrato.
Hoxe tamén se aprobaron os plans de seguridade e saúde no traballo para acometer as actuacións do contrato de conservación da rede viaria provincial correspondentes ás zonas 1, 2 e 4, que inclúen 31 concellos das comarcas da Mariña, A Chaira, Lugo, A Ulloa e Sarria. A Deputación vén de adxudicar, en 8 lotes, o novo contrato de conservación de estradas da súa titularidade por un importe de 6,4M€ para os vindeiros tres anos.



















Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
Trátase dun proxecto educativo pioneiro en Galicia que traballa a autoestima, a motivación e as intelixencias múltiples. A directora, Raquel Hermida, salienta que o programa busca fomentar o talento infantil a través de experiencias novas, traballo en equipo, creatividade e proxectos de emprendemento. A escola funcionará de 8:00 a 15:00 horas para facilitar a conciliación e ofrecerá talleres de oratoria, comunicación e intelixencia emocional, ademais de reforzo escolar, novas tecnoloxías e mecanografía. As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 982 58 50 98 ou no correo raquel@amarina.org.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.



