Ribadeo, a 25 de febreiro de 2021. Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Ribadeo fixeron entrega este xoves de lotes de libros en galego de diversas temáticas nos distintos centros educativos ribadenses adaptados a cada etapa educativa con motivo do Día da Lingua Materna que se conmemora o 21 de febreiro e do Día de Rosalía, conmemorado este mércores, 24 de febreiro, coincidindo co 184 aniversario do nacemento da escritora máis coñecida en galego.
A concelleira popular responsable da área de Cultura, Begoña Sanjurjo, sinala que “dende o Grupo Municipal Popular non quixemos deixar pasar esta oportunidade para agasallar libros cos que pretendemos contribuír a que a nosa lingua se manteña e que os nosos nenos e rapaces descubran máis sobre a nosa cultura”.
Os libros abordan diversas temáticas sociais e culturais como son a igualdade, o respecto ao diferente, a música ou o Camiño de Santiago e o seu reparto estendeuse a tódolos niveis educativos: dende a Escola Infantil, aos centros de primaria, secundaria e FP como son o CIFP Porta da Auga, a Escola de Pedro Murias ata a Escola de Idiomas ou a Escola de Música e Danza.
Os populares tamén fixeron entrega de unidades didácticas nos centros de educación secundaria de cara ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller.























Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



